Foros ›
II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 7:27
Asunto: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Bo día:

Para que o vaiades anotando na vosa axenda, comunícovos que o 6 de xullo imos celebrar en Cuntis o II Trail Vila de Cuntis.

A próxima semana publicaremos toda a información da carreira: cartel, lonxitude, desniveis, avituallamentos, actividades relacionadas coa proba, etc.

Adiantovos que imos modificar un pouco o recorrido con respecto ao do ano pasado xa que sacaremos a parte do Monte Cabalar, pero estou seguro que non vai defraudar. Serán sobre 28 km.

Un saúdo a tod@s.
CdM Xesteiras
galvao

Montañés
Montañés
8/12/10
0 Carreiras
87 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Mai 2014, 16:22
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

O Monte Cabalar e unha zona preciosa, o ano pasado fixose dura po lo calor infernal que fixo, pero cando vamos as carreiras temos que ter presente todo tipo de dificultades que podemos encontrar, po la miña parte ali estarei se teño saude, encantame a zona e quen organiza tamen.
diego080782

Organización
Organización
28/11/08
0 Carreiras
993 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Mai 2014, 16:07
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Otra fija en el calendario. Esta vez la tengo que acabar jeje

acumulandokm.blogspot.com/
www.carrerachandrexatrail.es
M: 2h38'44"-- MM: 1h18'09'' -- 10km: 35´48´´ -- 5km ruta: 17´25´´
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2014, 7:52
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Este fin de semana pasado quedou o recorrido perfilado. Saen sobre 28 km e 1380 m de desnivel positivo. Esperarei uns días para colgar o perfil porque aínda lle temos que dar outra volta para ver posibles alternativas.

Ao longo desta semana quedará feito o cartel, reformado o regulamento e abriremos inscricións. Como xa comentara, o prezo mantense igual que o ano pasado nos 14 €, o cal, ademais de participar na carreira, seguros e avituallamentos, dará dereito á bolsa do corredor composta de mel e queixo de Cuntis, comida final (callos) e posibles regalos que poidamos conseguir.

Teremos tamén unha andaina de 14 km que discurrirá na súa primeira parte polo recorrido da carreira e a segunda pola marxe dos ríos Umia e Gallo. Está andaina terá un prezo de 2 €.

Esperemos que este ano non nos apareza un día tan caluroso coma o do ano pasado no que se alcanzaron, precisamente no Cabalar, os 44º.

Con respecto ao comentario do noso amigo Galvao sobre a parte do Monte Cabalar, comento que a supresión non é pola dureza nin porque non hai sombra por ningún lado, simplemente é que quero facer que o recorrido da carreira discurra só polos montes do Concello de Cuntis e unha parte do Cabalar pertence ao veciño Concello de A Estrada.

Toda a información que vaia xurdindo con respecto a este evento, comunicarémola neste foro e na nosa páxina web www.cdmxesteiras.com/

Saúdos.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2014, 12:38
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Eu conto con participar nesta edición. Alguén me pode dicir se é moi técnico ou bastante corrible.
Un saudo e ánimo a organización.
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 6:51
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

O recorrido ten un pouco de todo: zonas técnicas en baixada, outras rápidas donde se poderá correr ben e outras nas que haberá que andar debido ás dificultades da subida. De todas formas, penso que é un trail corrible, o que poida, en case todo o recorrido.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 15:59
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Moitas gracias.
Un saudo.
AlbergueQuiroga

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/11/13
0 Carreiras
375 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Mai 2014, 23:34
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Animo compañeiros, de seguro que sera un gran dia para os traileiros, vindo de vos esperase o mellor. Por suposto, nos ofrecemos para botar unha man no que sexa. Saudos
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2014, 7:03
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Bo día:

Onte pola tarde quedou aberto o prazo de inscrición para o II trail Vila de Cuntis. Estará aberto ata o 3 de xullo.

Toda a información en: www.cdmxesteiras.com/

Saúdos.
joseantonio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/12/11
0 Carreiras
158 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Mai 2014, 8:49
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Bos días,

Unha pregunta á organización... Habería algún problema en levar cans na andaina?

Saúdos.
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Lun, 26 Mai 2014, 11:42
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

Boas:

Neste enlace podedes ver o recorrido e o perfil do II Trail Vila de Cuntis. Espero que vos guste.

es.wikiloc.com/wikiloc...id=6939945

José Antonio: podes traer o teu can para facer a andaina. Non hai problema.

Saúdos
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Mar, 10 Xuñ 2014, 9:34
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

O próximo sábado 14/06, imos facer un entreno polo recorrido do trail. Se algún está interesado en acudir, será ben recibido.

Sairemos da Praza dos Árbores ás 10:00 h, lugar da saída do trail.

Unha vez rematado o entreno quedaremos a comer pola zona. Animádevos.

Saúdos. Tono
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mér, 11 Xuñ 2014, 22:13
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

teño unha espiña clavada con este trail,o ano pasado eses 44º pasaronme factura e rompin coma unha castaña,abandonando no km 21.

algo moi gordo me vai ter que pasar para que este ano non a acabe.

pd: vemonos na quedada.
atios

Novo foreiro
Novo foreiro
12/06/14
0 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Xuñ 2014, 12:42
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

hola buenas quería saber algo de la recogida de dorsais grazas
galvao

Montañés
Montañés
8/12/10
0 Carreiras
87 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Xuñ 2014, 21:47
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)

De boa gana estaria o 14 pero ese dia andarei por terras Asturianas facendo a Traveserina, pasadeo ben.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos