Dom, 15 Xuñ 2014, 9:38
Asunto: Re: Maratón de Vigo
Ola,
A miña opinión persoal, eu poñería a data para Febreiro e como indican por ahí outras datas en Novembro estaría ben. Ou incluso en Xuño pero nocturna, moi vistosa e non tan asfixiante.
En Xuño pode pasar de todo pero o máis seguro que teñamos unhas temperaturas semellantes as de agora e si non tan altas ponlle 5ºC menos pero estamos falando xa de 23-24ºC as 11h da mañan.
E non todos corremos en 3h unha maratón, a grande maioría rondamos entre as 3h30m e 4h30m con iso situamos a hora de chegada a meta entre as 12h e 13h.
Non son a persoa máis indicada para dar consello pois so corrin unha maratón e foi en Novembro cun bo día de sol e penso recordar que a temperatura rondaba os 18-20ºC e chejounos ben.
De todolos xeitos darlle moitos animos, forzas e sentidiño a organización, e si os adestramentos mo permiten penso ser da partida da Maratón de Vigo independentemente da data elixida.
sds
xanrunning.blogspot.com/
cronicasdelcarma.blogspot.com/