Mér, 18 Xuñ 2014, 8:20 Asunto: Son Mafaldiña
[align=left]
Hola, son Mafaldiña
Despois de facer un PR de 20km entre andado e desandado, soa e coa noite case enriba, cheguei a conclusión de que é mellor idea camiñar en compañía.
De ahí que eu entre neste foro despois de moito indagar pola rede.
Estou buscando sendeiristas para facer andainas os domingos pola zona do sur de Galicia. Eu pertenzo á comarca de A Paradanta.
Xa que me les, aproveito para saludarte.
Imparable
Novo foreiro
1/10/12
0 Carreiras
19 Mensaxes
Mér, 18 Xuñ 2014, 13:58 Asunto: Re: Son Mafaldiña
Ola Mafaldiña. Grazas por falar galego (por eso te contesto). Eu non son de esa comarca, pero coñezo senderistas da zona de Salceda de Caselas. Si che interesa saber deles avisa.
Un saúdo e benvida a unha nova forma de ver o mundo.
Mond
Montañés
11/10/10
0 Carreiras
626 Mensaxes
Mér, 18 Xuñ 2014, 18:16 Asunto: Re: Son Mafaldiña
Ola Mafaldiña,
Pois unha forma de contactar con xente que sae de vez en cando a camiñar polo monte e a facer rutas de senderismo e contactar con algún clube de montaña (tes moitos onde elexir, algúns p.ex. en Pontevedra e Vigo bastante activos), ou tamén anotarte a algunha das marchas e andainas que soe haber en distintos sitios da nosa xeografía. Se buscas no foro correspondente a andainas terás máis información, ou tamén no de montaña porque moitas veces cando se celebra un trail se fai unha andaina paralela (eu por exemplo acudirei ao trail de Cuntis, e varios familiares meus farán a andaina mentres eu corro).
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos