Sáb, 09 Ago 2014, 0:21
Asunto: Re: Circuito de carreiras populares na Costa da Morte
Xa quedan poucos días para seguinte proba do Circuíto : a XXIII Carreira das Areas en Carnota.
É das miñas favoritas, e a quen non teña probado aínda que non deixe pasar a ocasión, que paga moito a pena... Certo que este ano imos reencontrarnos cun Monte Pindo ainda marcado polo incendio do último verán, pero para mín é unha razón máis para estar aí, por demostrar o aprecio que lle teño a ese lugar e á xente que loita pola súa recuperación.
Este ano vexo que hai novedades, pasamos de Cronotec a Championchip, e volvendo correr os maiores antes que os cativos. Imaxino que o trazado será como ó ano pasado, con saída desde ó Concello e remate despois de pasar a igrexa sen ter que volver a subir ó concello.
Tamén está a cuestión de optar a correr só 5 km, pero tal e como está nas bases, non sei se é algo que poden elexir todas as persoas de categorías de adultos, ou se só poden anotarse os senior e os veteranos obrigatoriamente teñen que facer os 10 km. O digo porque teño sei dalgunha persoa veterana que quixera facer só os 5 km ... Agradezo moito se alguén mo pode aclarar.