Mér, 16 Xul 2014, 13:32
Asunto: Re: Triatlon de Boiro
TRIATLÓN MINISPRINT. CONCELLO DE BOIRO-VERÁNS DEPORTIVOS 2014
Data: 20 de xullo de 2014
Hora: 10:00 h.
Inscricións definitivas e recollida de dorsais: 09:00 h.
Lugar: Praia de Carragueiros (Cabo de Cruz-Boiro)
Tipo proba: Triatlón Minisprint para aficionados.
Inscricións: Gratuítas.
Categorías:
Establécese unha única categoría absoluta masculina e outra feminina.
Responsabilidade:
Os participantes serán responsables da súa propia seguridade e da do
resto dos competidores; de coñecer e respetar o regulamento desta
proba, de coñecer o percorrido, de obedecer as indicacións dos xuices, de
informar si se retira da proba, de respetar o medioambiente da zona na
que se celebra a proba deportiva, non abandonando nin deixando
obxectos nin actuando de forma agresiva co entorno.
Apoios ou axuda externa:
-Os participantes non poden recibir ningún tipo de axuda externa, nin
entre eles nin de xente allea á competición.
-Non poderán ser acompañados por ningunha embarcación nin por ningún
vehículo a pé.
Cronometraxe:
Non se establecerá cronometraxe nesta proba, únicamente os tempos dos
gañadores.
Puntos de control:
Estableceranse puntos de control durante a proba para garantir que os
participantes efectúan correctamente o percorrido e cumpren coas
distancias establecidas para esta proba deportiva.
Dorsais:
-Os participantes levarán 4 dorsais: un pintado no hombreiro dereito cun
rotulador permanente de cor negro e outro semellante na parte frontal do
muslo dereito; outro irá no cadro da bicicleta e, o cuarto, na parte
dianteira da camiseta coa que se faga o último tramo da carreira a pé.
-Estes dorsais deben ser perfectamente visibles polos xuices.
-Os participantes non poderán competir co torso desnudo, salvo na parte
de natación. Tanto en bicicleta como na carreira a pé, o participante
deberá levar unha camiseta, licra ou similar.
-Non hai inconvinte porque o participante reflexe publicidade na súa
vestimenta, sempre e cando non dificulte ou perxudique as labores de
identificación dos xuices.
Sancións:
-O incumprimento, por parte dun participante, do regulamento de
competición ou das indicacións dos xuices poderá acarrexar as
conseguintes advertencias ou mesmo a descalificación da proba.
-As advertencias versarán sobre aspectos como non levar visible o dorsal,
non levar o casco ben abrochado, recibir axuda exterior, etc… A segunda
advertencia será motivo de descalificación.
-A descalificación virá determinada por unha falta grave do participante,
como non cumprir as distancias, correr sen casco, no levar dorsais, non
respetar aos xuices ou compañeiros, etc… A organización será a
responsable única deste tema.
Tramo de natación:
Saída dende a area (punto 1 do mapa) ao comezo da praia de
Carragueiros. Traxectoria en cadrado en sentido contrario das agullas do
reloxo e dando a volta a tres boias ata completar a distancia de 350 m.
(aproximadamente).
Tramo de bicicleta:
Despois da saída da auga (enfrente á caseta dos socorristas) dirixirse aos
boxes (punto 2 do mapa) para recoller a bicicleta. Equiparse coa
vestimenta (se fora necesario), realizar o tramo a pé coa bicicleta e
dirixirse cara á cetárea (punto 6 do mapa) da retorta pola pista de
herba/area paralela ao paseo marítimo de madeira (punto 3 do mapa). Ao
chegar ao inicio da cetárea, desprazarse pola parte esquerda désta, ata
saír á estrada xeral do Chazo (punto 4 do mapa) a través dunha pequena
pista en lixeira pendente. Unha vez nesta estrada, dirixirse á zona de
comezo da proba/boxes (punto 2 do mapa). Dende aquí, completar 4
voltas completas, cubrindo así os 11 kilómetros (aprox.) desta parte do
triatlón.
Tramo de carreira a pé:
Ao deixar a bici, iníciase o tramo a pé tamén pola pista de herba/area cara
á cetárea (punto 6 do mapa). Ao chegar a este punto, bordearemos a cetárea de esquerda a dereita (en sentido das agullas do reloxo). O último
tramo de proba será por riba do paseo marítimo de madeira ata a meta
(punto 2 do mapa), cubrindo deste xeito os 2,5 kilómetros (aprox.)
previstos.
Trofeos:
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados da categoría masculina e os
tres primeiros da categoría feminina.
Carácter da proba:
A proba está pensada para iniciados no triatlón, aínda que poderán
participar tamén atletas federados ou experimentados neste tipo de
probas. Éstes deberán ser conscientes do carácter básico e sinxelo da
proba, onde o obxectivo principal é promocionar esta modalidade
deportiva no concello.
A pesar deste carácter amigable da proba, a organización será estricta na
aplicación do regulamento.