Lun, 07 Xul 2014, 21:15
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)
En nome do CdM Xesteiras quero agrader a vosa presencia en Cuntis no día de onte para participar no noso trail e na andaina e, ao mesmo tempo, pedir desculpas polos pequenos fallos que houbo. Prometo correxilos para o ano.
Espero que o recorrido respondera positivamente ás expectativas creadas nos días previos. A nosa ídea é non cambialo para a próxima edición.
Non me olvido tampouco dos compañeiros accidentados, incluido Tarántula; desexovos unha pronta recuperación.
Os recorridos xa están practicamente limpos de marcas e demais restos atopados polo monte (non só dos participantes). Mañá quedará totalmente listo.
A clasificación xa vola enviamos esta mañá por e-mail e nos próximos días iremos colgado fotos tanto na nosa páxina web como no blog.
Saúdos para tod@s.
Tono