Starbyte escribió: |
Quedou claro que a praza da Quintana non pode acoller unha saída para 700 ou 800 atletas, sobre todo contando coas curvas e a estreiteza das rúas polas que a carreira transcorre a continuación. Onte púxenme na saída ás 22:50 e foime imposible pasar entre a xente para colocarme nunha posición acorde aos meus tempos, primeiro porque estabamos coma sardiñas en lata, e segundo porque as persoas ás que lles pedía paso miraban para min como se estivese saltándome a cola nun concerto de One Direction. Así que saín practicamente de atrás de todo e botei un minuto andando ata pasar a liña de saída, outro minuto ata chegar ás Praterías e outro máis ata que na metade da rúa do Vilar puiden empezar a correr un pouco e poñerme a adiantar aos que levaba diante. Ao final cheguei case 200 postos por detrás da miña posición nas outras carreiras do circuíto e vendo como os corredores cos que normalmente chego saían da Alameda de novo cara á zona vella mentres eu aínda estaba entrando no parque. Se a carreira non traslada o seu comezo a outro lugar e o posto na meta depende máis de pillar un bo sitio na saída que do moito ou pouco que un corra, desta carreira non quero saber máis. |
lestrove escribió: |
Y con esto no quiero decir que la organización,jueces y colaboradores tengamos mucho que mejorar. Y claro que estamos abierto a todo tipo de opiniones y críticas,faltaria más. Pero hagamos como hagamos,nunca estará a gusto de todos. |