Kurty escribió: |
Gostaríame facer unhas reflexións, dun neofito no mundo dos trails. O certo é que da gusto o bo rollo que hai, paradas a axudar aos accidentados, (é obligatorio no reglamento). Non vin malas palabras por xente que ia facendo tapón nas 1ªas subidas. Xa que cando ves que o que levas diante tua sacache 15/20 mts. andando e ti levas unha ringleira detrás, deberías facilitar o paso. Eu fixen tapón nalgún momento nas baixadas, pero en canto escoitaba que viña alguén por detrás, deixabaos pasar o máis pronto posible. Subir ben axuda, pero onde se gaña tempo e baixando, eu alucinaba como corría a xente monte abaixo, dábame medo, ainda non sei como non houbo máis lesionados. Hoxe teño os cuadriceps cargadísimos, cando me levantei da cama parecía Chiquito da Calzada. E o nocello dolorido a parte dos raspóns dun toxo. Así que descanso forzoso durante uns días para recuperar. Non teño pensado correr outro trail tan duro, ainda que non descarto facer algún máis adiante, sempre e cando non teña semellantes baixadas. Os traileros, tendes a miña admiración dende onte. |
xosemon escribió: |
BEN AQUÍ DEIXO A MIÑA CRITICA porque non van a ser todo alabanzas: Primeiro,creo que sobraba o último percorrido por as rocas por o cansancio acumulado e o perigo que iso entrañaba. Segundo: o chegar a meta, rebentado das pernas,das rodillas e do corpo enteiro con unhas gañas de beber algo frío que pa qué: todas as bebidas do tempo, manda carallo :(. Resposta dos que ali nos servian: non temos medios????? Coño que paguéi 25 eurazos, non hai AUGA fría? Terceiro, voume algo cabreado polo cansancio e por non poder beber algo frío(parei nun bar a comprar auga fría)e penso: despois da ducha xa estarei algo millor, 13 km a carnota e DUCHAS PECHADAS a cal e canto. De PM :(. O que faltaba......pa casa sudados, cansados e cheos de merda. E digo eu ¿ e iso o que merecemos? Ti inscribeste pagas 25 NAPOS!!!!(vale tes o percorrido,pero ollo,igual que moitos trails que costan menos cartos)", E nin AUGA fría nin duchas? O ano pasado había duchas portátiles!!!! Señores de GMTA as cousas hai que facelas ben dende o principio ata o final. E non me vale que me digades:non hai medios:alquilade neveras carallo.... as duchas deberían de estar abertas, tampouco vale que non sabedes porque estaban cerradas, debería de estar xente da vosa organización controlando isto que e tan importante para todos, sobre todo para aqueles que despois queríamos ir a cear por ahí coa familia. En fin creo que habera que plantexarse moi en serio a seguínte participación neste evento. Saudos |
guti290971 escribió: |
Ana : o mesmo digo...un pracer compartir trail netodovaleije: chapeau , ese e o espiritu do trail que non existe noutras carreiras espero coincidir contigo noutras e que non gastes vendas conmigo , je, je Rufino : tes razon . non sobra nada. se capas o trail e un cross, pero a xente ten que saber que o Pindo e o Pindo nos vemos no monte |
guti290971 escribió: |
Rufino : tes razon . non sobra nada. se capas o trail e un cross, pero a xente ten que saber que o Pindo e o Pindo nos vemos no monte |