Mar, 15 Xul 2014, 2:14
Asunto: Re: II Carrera Becerreá Contra el Cáncer (05/07/14)
Que tal máquina "anarky". felicitarte pola grandísima carreira que fixeches e mágoa non levaras algún dos trofeos, ben merecido o tiñas, pero para correr coma local acórdate de facer o que che comentei...
Analizando os puntos criticados, efectivamente hay cousas que mellorar...
1- A data é moi mala, pero este ano dado que o persoal organkzativo é moi escaso, por motivos persoais de traballo etc,etc, foi imposible organizar antes, penso que a data límite está em Mayo.
2- A hora tan tardía foi pensada en consonancia co mundial, se a poñíamos as 18:30/19h coincidía cos cuartos de final e por riba se houbese xogado España, buffff.. ;), pero coincidimos en que ten que ser máis cedo e de seguida da dos peques.
3- O tema das camisetas ven dado polos problemas de financiación de última hora, traballamos para que o ano que ven TODOS leven camiseta, poñeremos unha incripción de 6€ que garante a camiseta para cada corredor.
4- O tema de tráfico non é sinxelo. Toda carreira que circula por estradas principáis ou radiais, tipo NVI ou carretera de Sarria, conleva a autorización esplícita da DGT, eles analizan o percorrido punto por punto e establecen se se pode correr por ahí ou non, neste caso foi moi compricado por discurrir a carreira polas vias principáis NVI, e Carretera de Sarria, a utorización que tiñamos era de carreira permitida pero con tráfico REGULADO non CORTADO, para eso estaban a parella de tráfico (só concederon unha parella), garda Civil e Grupo GES, e por riba a fecha estaba catalogada como operación saida (según DGT).
5- O percorrido creo que é moi divertido, creo que pode quedar definido para o ano que ven.
Estou seguro que pouco a pouco e grazas a vosa aportación constructiva, iremos perfilando unha carreira digna e ben Organizada. Todos os que queiran formar parte da organización serán ben vidos, porque esto da moito chollo...
Graciñas a todos por correla.
Vémonos na III Carreira Becerreá Contra o Cancro.
CLUB CORREDORES BECERREÁ