Dom, 20 Xul 2014, 17:40
Asunto: Re: 10k O Rosal Feira Do Viño (20/07/2014)
As costas do principio da carreira de Andar e correr de Baiona, a costa de cemiterio de Campañó, a famosa costa de Vite de Santiago....as costas da carreira do Rosal!!!! Miña nai!! Carreira dura, dura!! Pero bonita,bonita!!. Para min a dureza fai que teña sido unha satisfacción rematala despois de varios meses no dique seco por lesión.
Pero o certo é que nas carreiras vou xeralmente de menos a máis, nesta fun de menos a ...menos!!! Non quero nin pensar se fixera a temperatura real dun 20 de xullo e non o bo tempo,para correr, que nos acompañou hoxe!! Aínda que pola zoa dos viñedos....
Incrible o paso pola primeira adega e a xente da andaina animando. As paisaxes.... En fin, a min encantoume.
Parabéns a toda a organización, para min de 10, que fixo posible esta mañá deportiva e agardamos repetir para o ano. Catro "costiñas" non nos van amedrentar!!!