Mar, 29 Xul 2014, 16:07
Asunto: Re: I MEDIA MARATÓN RIBADEO – AS CATEDRAIS (6 DE SETEMBRO
COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE RIBADEO SOBRE A I MEDIA MARATÓN RIBADEO - AS CATEDRAIS
AS CATEDRAIS, PARQUE NATURAL!!!
Media maratón en Ribadeo
28/07/2014
Ribadeo acollerá unha media maratón o vindeiro 6 de setembro. O percorrido será de 21 quilómetros entre a vila e a praia das Catedrais. Con esta proba, segundo o alcalde, Fernando Suárez, tamén queremos reclamar que o areal sexa declarado parque natural. A media maratón partirá ás 18 horas da Casa do Concello.
O rexedor explicou que "o porqué desta idea, desta nova iniciativa de organizar unha media maratón de 21 km de recorrido dende o centro de Ribadeo, con remate na praia das Catedrais, é porque aproveitamos un día como é o 6 de setembro, pola tarde, en plenas festas da Patroa, coincidindo cunha das mareas baixas máis importantes do ano, para seguir dándolle iniciativas á xente para que siga vindo a Ribadeo. Ben sexa pola cultura, polo deporte ou por reivindicar algo que é moi noso e que nos está a poñer no mundo, coma é o areal das Catedrais. E porque ademais queremos seguir reivindicándoo, porque temos tódolos argumentos para que todo este ámbito, todo este areal e toda a costa de Ribadeo sexa declarada Parque Natural".
Suárez Barcia dixo que "organizamos por primeira vez unha iniciativa que vai traer a moita xente do mundo deportivo. Sabemos que non é unha proba á que calquera poida inscribirse, xa que é unha proba dura. Son en realidade 21 Km, pero 21 Km por lugares para moita xente non descubertos e marabillosos que discorren pola costa. Aproveitamos na maior parte do traxecto, camiños que se estiveron rehabilitando e abrindo na senda costeira, tanto por parte do Ministerio de Fomento, como por outros que estivo xestionando o Concello para a súa apertura. Onde non poida ser por estes camiños, será en todo caso polas vías asfaltadas polo Concello de Ribadeo ou a Deputación de Lugo. Polo tanto, este carteliño e este anuncio que van a estar andando durante o verán polas redes sociais, os foros e os clubs deportivos do país e de fóra, estamos convencidos de que o día 6 de setembro se van a converter aquí nunha festa deportiva do mundo do atletismo, que servirá para reivindicar que As Catedrais sexa parque natural".