Ven, 08 Ago 2014, 8:54
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)
Carreira Monte de Santa Cruz. Ribadeo.
Resumo persoal do percorrido.
Km. 0 – 1. Aos 200m. da saída hai unha pequena costa de aproximadamente 50m. de gran pendente, a cal debemos tomarnos con tranquilidade porque nos pode deixar sen folgos. Unha vez coroada, o terreo vólvese favorable polo que debemos aproveitalo.
Km. 1 – 2. Este quilómetro é todo en subida, ao primeiro máis tendido pero vaise endurecendo a medida que avanzamos, por riba o terreo e bastante irregular o que nos dificultará no avance.
Km. 2 – 3. Este quilómetro é en baixada, moi favorable para recuperar do esforzo da subida pero mantendo un ritmo alegre. Lembrade que hai unha segunda volta.
Km. 3 – 4. Prácticamente ao comezo deste km. hai unha rampa durísima de 80 ou 90 m., a verdade é que durísima, e cada quen sube como pode. Despois o terreo é favorable pero bastante irregular polo que debemos ter os cinco sentidos alerta de onde pisamos.
Km. 4 – 5. O primeiro tercio do km. pica cara arriba e remata coa costa de gran pendente coa que comezamos a carreira. Logo ven unha gran baixada, na que debemos recuperar para enfocar o tercio final de carreira onde tiraremos de toda a reserva que nos quede.
Km. 5 – 6. O quilómetro é todo en subida, para min é o máis duro da carreira. A subida vai “in crescendo” e cara ao final deste quilómetro faise realmente dura.
Km. 6 – 7. O quilómetro é en baixada, como xa temos a meta bastante cerca poderemos lanzarnos a tumba aberta.
Km. 7 – 8. Novamente temos a rampa durísima da primeira volta pero con sete esixentes quilómetros nas pernas polo que a subir como se poida. Despois o terreo vólvese pouco a pouco moi favorable o que aproveitaremos para queimar “zapas”.
Os últimos cincocentos metros son xa dentro da área de Santa Cruz, polo que a cercanía da meta axudaranos a rematar a proba.
Ben, trátase dun percorrido esixente, rompepernas, pero soe acabarse con satisfación de rematar unha proba tan dura que nos dá unha boa medida do noso estado de forma.
Unha aperta.