Sáb, 16 Ago 2014, 7:09
Asunto: Re: I Carreira Popular de Corrubedo (15/08/2014)
Bos días;
Eu quedo coas gañas da organización, a ilusión e ese puntiño de descoñecemento ou ignorancia, por que a pesar dos pesares, EU son o primeiro cheo de erros e que mete a pata a tope,(e cando era novo, todavía máis)...
Gustoume o percorrido, mais terían que ter avisado máis de ser un trail suave, que unha popular dura, pois dura non era, algo máis técnica e complexa por rochas, area etc.
Algúns erros de sinalación do percorrido... PERO DERON PE O COMPAÑEIRISMO!!!, eu cheguei antes á cabeza de carreira, díxenlles se "reagrupábamos" e TODOS dixeron que si, e así se fixo, e iso xa demostra moitas cousas.
Para o ano, mais puntos de auga, mellor sinalación e non facerme caso co de abrir máis días inscripcións, jejeje, eu non collín camisola para que quedara unha máis, pero inda así, foi insuficiente.
A pesar dun pequeno inchazón no nocello, pagou a pena!
Apertas e Srs da organización, tomade nota das criticas e consellos dos compañeiros e teredes unha gran carreira no voso fermoso pobo
3&Run C/ Restollal n35 bajo