Mar, 12 Ago 2014, 14:42
Asunto: Re: Carreira Popular Santaia - Santa Cruz - Oleiros - A Coru
Por ahora os podemos dejar el comunicado por parte de la AVV Santaia.
"A A.VV. Santaia de Santa Cruz, comunica que este ano 2014, non lle foi factible programar a Carreira Popular.
Todos e todas os que participastedes o pasado ano nesta Carreira erades sabedores de que o grupo que se encargaba da organización da devandita carreira despediuse pedindo relevo, despois do inxente esforzo que desenvolveran durante moitos anos.
É posible que, pola nosa parte, non fósemos capaces a atopar un relevo en tempo e forma para a organización dun evento deportivo das características que acadara esta Carreira e, por iso, pedimos disculpas.
Ainda asi e grazas ao compromiso que adquiriu con nós o Club Atletismo Sada, de xeito totalmente voluntario e altruista, podemos asumir para este ano unha Carreira máis sinxela dirixida a nenos e nenas nacidos desde o ano 2001, co firme obxectivo de retomar a totalidade da mesma para o vindeiro ano.
A Carreira vai ter lugar o día 24 de agosto, no Parque Luis Seoane de Santa Cruz e a información sobre a mesma, estará colgada na páxina clubatletismosada.com, con ligazón no facebook /carreirapopularsantaia
Unha vez máis pedimosvos disculpas e agardamos por vós no 2015 en Santa Cruz.
Santa Cruz, 9 de agosto de 2014
www.clubatletismosada.com
www.facebook.com/Clubeatletismosada
www.facebook.com/CAS-M...1/timeline