sanmikel escribió: |
Boas, é a primeria vez que escribo neste foro, e tamén esta sería a miña primeira carreria. Son un aficionado de 36 anos, e o domingo a mañan fun facer o recorrido. Me pareceu un bo recorrido, pero un pelín duro nos últimos 2 km. Fíxeno este domingo en un tempo de 27:39 chovendo. O que quería preguntar, era donde se pode inscribir. Un saúdo e grazas os membros e organizadores do foro. |
Marcos escribió: | ||
¡¡27'39'' e é a primeira carreira á que vas!! Pero a vós que vos dan de comer Bueno, a "Costa dos Fornos" é o punto máis complicado. E si, esos dous derradeiros quilómetros o que se dí planos, planos precisamente non son. Séguelle dando. |
KLVO escribió: |
Moi boas Marcos canto tempo pero coma sempre a esta carreira non se pode faltar anque sea andando porque ando moi tocado e creo que a cousa non ten moita solucion (de correr falamos claro) pero conto con estar na saida coma sempre.Un saudo e vemonos. |
sanmikel escribió: |
Xa fixen o circuito dúas veces. Esta segunda vez a parte final me pareceu máis duro que a primeira vez. Aínda que seguin as indicacións de google maps, que puxo Marcos, e facendo o percorrido con gps, a primeria vez me dou 6100m e a segundo 6050m. Saíndo das marcas que hai no chan. Espero con moitas ganas poder ir a esta carreira. |
Marcos escribió: |
Bueno. Pois por fin temos a publicidade definitiva da carreira. Déixovola por aquí e completo información no calendario. Veña a darlle duro nesos entrenos, que a Costa dos Fornos non se sube así como así. |
mac-ray escribió: |
Pois eu teño unha nena de 6 que a verdade non esta acostumada a correr, pero 1 km para nada e demasiado, quizais o problema sexa noso por non ter os nosos fillos acostumados a poder correr durante 10 minutos e si a poder ver a tele durante horas.... |