Dom, 24 Ago 2014, 21:49
Asunto: Re: XXIII Carreira das Areas, Carnota (23/08/14)
3ª participación nesta fermosa carreira e 3º percorrido distinto (este xa foi o do ano pasado no que non `puiden participar).
Cada ano parece que somos uns pouquiños máis, contando cunha boa participación de veraneantes.
Agora os primeiros 1500mts. son rapidísimos (por baixo de 4'Km), xa que é baixada ao principio e despois llanear ata entrar na area blanda e xirar a esquerda pola area dura. Que ven me atopaba neste tramo, dicía para min vou sobrado, pero o malo foi ao dar volta, a miña euforia era polo aire a favor, todo ese tramo de volta fíxose durísimo, se na ida ia cómodo por baixo de 4'10" agora costábame horrores baixar de 4'30" xa que encima na parte final antes de dar o xiro a area estaba chea de surcos. Con sufrimento chegamos a volta e puidemos recuperar algo o ritmo, derradeiro paso pola area blanda na que nos frenamos un montón; e xa estamos na pasarela de madeira para recorrer os derradeiros 1500 mts. tomome un respiro para recuperar e ao coller o asfalto aumentei considerablemente o ritmo o que me levou a adiantar a 6/7 corredores, para rematar con 43'23" polo meu crono e moi satisfeito unha vez máis con esta carreira.