Xov, 07 Xuñ 2007, 9:47
Asunto:
Bueno, agradable tarde onte no Milladoiro. Cando cheguei, con puntualidade suiza, xa estaban esperando
Picapiedra e
Keniatablanco. Un pouco de cháchara e xa chega
Marola. E con estas saímos os catro a trotar por esos camiños de deus. Temperatura boa, quizáis un pouco calor de máis,charla agradable,moi boa compañía...perfecto. Trotamos máis ou menos unha hora, e cando chegamos de volta o pabellón xa estaban alí
Flip(e a súa dama de compañía) e
Gallego. Bicos, abrazos...bla,bla,bla e chega
Jabelo, ben xa somos máis. Cambio de roupa no pabellón e cando saímos xa chegaron
Easywind e a súa choferesa
Cabuxa. Como podedes observar fixemos unha recolecta de lesionados para as isotónicas(Realmente eles eran o sentido das isotónicas). Polo tanto eramos bastantes máis na sesión de isotónicas que na sesión de entreno
, eso está moi ben ,que cada un destaque no que queira
.Na última volta, perdón,na última ronda entrou en xogo o marido de
flip.Pena que
keniatablanco non puido quedar, de tódolos xeitos encargueime de consumir a súa ración. Repito, todo moi agradable e hai que repetir máis a miudo.