Lun, 11 Ago 2014, 14:43
Asunto: XVIII Carreira Pedestre Popular De Noia - ESTE ANO NOCTURNA
O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizan
conxuntamente a XVIII edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 30 de agosto
de 2014 na localidade de Noia.
Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación
conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da
Federación Galega de Atletismo.
As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a xuvenil) realizarase a
través da web
www.emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de
inscrición online.
As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de JUNIOR en adiante)
realizaranse tamén a través da web
www.emesports.es. Establecerase un prezo de
inscrición de 5 € por participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago
na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 27 de agosto ás 22:00 horas. NON
SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais de
competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata
media hora antes do inicio de cada proba. Teléfono de información: 981 842 100.
Os atletas da categoria xuvenil que desexen tomar parte na proba absoluta
(8000 m aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico
FGAsantiago @ gmail.com onde se lle indicará como deben proceder.
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e
homes), así como trofeo para as 5 primeiras mulleres e os 5 primeiros homes da
carreira ABSOLUTA (JUNIOR, PROMESA-SENIOR e VETERANAS/OS A/B/C). Os
trofeos non serán acumulativos. Tamén haberá trofeo para os 3 primeiros clubes da
clasificación final.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes.
Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións. PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (JUNIOR, PROMESA-SENIOR e VETERANAS/OS A/B/C).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado: 300 €
2º Clasificado: 175 €
3º Clasificado: 125 € (Iguais para mulleres e homes)
4º Clasificado: 100 €
5º Clasificado: 75 €
PREMIOS POR CLUBES*_
1º Clube Clasificado: 150 €
2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clube Clasificado: 75 €
Enlace da inscricción
emesports.es/project/x...r-de-noia/