Mar, 26 Ago 2014, 10:31
Asunto: Re: 21k Costa da Vela (21/09/2014)
Tampouco é como para non ir!!! Eu peso 90 kilos e teño ise anaco atragantado, pero penso que moita xente o fará correndo ou cando menos trotando. Non é moito anaco, 500 metros aprox.
Seguindo o track crucei varias praias: Melide, Barra, Viñó, Nerga e un cacho en Temperáns. Penso que tamén atravesa Liméns e cando menos un anaco de Sta Marta.Penso que cadra marea baixa, polo que cando menos a area estará dura. O paso de praia a praia tamén ten a sua dificultade.
Para as miñas experiencias, é máis dura que a pedestre de Ons, pero menos que o trail de Moura. Eu fixen a VigBay en 1h49 e penso rematar esta en menos de 2h30.
Non o dudedes, é unha proba moi bonita e merece a pena correr un pouco máis despacio pero por un entorno incomparable (eu irei dende Ourense).
Saudos