Xov, 28 Ago 2014, 6:56
Asunto: Re: Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela
O ano pasado fixeron algunha limpeza de maleza pola zona do concello de Oroso. Mágoa, xa que algúns veciños aproveitaron a su accesibilidade para acercarse cós vehículos e verter lixo nas vías (neveras, ladrillo, botes de pintura...).
Este verán (Xullo), fixen o tramo que une os tres tunéis da Sionlla (Santiago), pero é casi imposible facela en bicleta porque a maleza está a invadir todo. A pé, ainda que con algo de dificultade, se daba feito. Por certo, a un dos tunéis se lle derrumbou unha parte do teito.
Creo que teñen todo paralizado por falta de medios económicos. Namentres na antiga estación de Ordes, recén acondicionada polo concello e sin uso (xa que dista máis de 3 kms. do casco urban), tamén se está empezando a cubrir de maleza a sua contorna (resulta esperpéntico ver a senda con farolas cuberta polos toxos). Mentras tanto, o concello está pagando a Renfe 9.000.- euros o ano pola sua concesión (tendo que costear tamén o seu mantemento); cartos que ben se podían invertir en manter todo o trazado que discurre polo concello.
Por que carall... malgastarán de esa forma os cartos!!!
Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com