Foros ›
Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela
Foros de debate / Planos y rutas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Meicendán.

Maratoniano
Maratoniano
8/10/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Ago 2014, 21:13
Asunto: Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela

Alguén sabe q foi deste proxecto tan anunciado hai 5 ou 6 anos?
Hai moito tempo q non se escoita nada desta via.....Hai mais de 1700 km destas antigas vias de tren reconvertidas a sendeiros para ciclistas e sendeiristas en todo o Estado e aqui esa via cubrindose de toxos e silvas....
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1937 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Xov, 28 Ago 2014, 6:56
Asunto: Re: Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela

O ano pasado fixeron algunha limpeza de maleza pola zona do concello de Oroso. Mágoa, xa que algúns veciños aproveitaron a su accesibilidade para acercarse cós vehículos e verter lixo nas vías (neveras, ladrillo, botes de pintura...).

Este verán (Xullo), fixen o tramo que une os tres tunéis da Sionlla (Santiago), pero é casi imposible facela en bicleta porque a maleza está a invadir todo. A pé, ainda que con algo de dificultade, se daba feito. Por certo, a un dos tunéis se lle derrumbou unha parte do teito.

Creo que teñen todo paralizado por falta de medios económicos. Namentres na antiga estación de Ordes, recén acondicionada polo concello e sin uso (xa que dista máis de 3 kms. do casco urban), tamén se está empezando a cubrir de maleza a sua contorna (resulta esperpéntico ver a senda con farolas cuberta polos toxos). Mentras tanto, o concello está pagando a Renfe 9.000.- euros o ano pola sua concesión (tendo que costear tamén o seu mantemento); cartos que ben se podían invertir en manter todo o trazado que discurre polo concello.

Por que carall... malgastarán de esa forma os cartos!!! Enfadado

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 28 Ago 2014, 9:21
Asunto: Re: Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela

O problema non é de cartos, porque non sería tan caro, e cartos se gastan noutras cousas. O problema é de vontade política, que non hai en absoluto. Co que gastaron nas beirarruas de Fontiñas, o meu barrio, con un teórico carril bici, que non é tal, e non se usa, teríamos xa unha fantástica vía verde na que correr, andar, marchar, bicicletear, montar a cabalo, etc. Somos a única comunidade autónoma, creo, na que non existen vías verdes... ¡menudo honor!

Alex
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 28 Ago 2014, 9:24
Asunto: Re: Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela

Habería que bombardearlle ó novo alcalde de Santiago, cando o vexamos nas populares, coa idea, a ver si así, él, como corredor, se ppñía do noso lado...

Alex
eidapuxa

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/10/11
76 Carreiras
261 Mensaxes
bregua-culleredo
Respostar citando Envío Xov, 28 Ago 2014, 21:10
Asunto: Re: Via verde na antigua via do tren A Coruña-Compostela

O cacho que hay entre Orro e Bregua no concello de culleredo esta a toxo ,silvas e codesos e pra pisar grava gorda.....hasta se trillan os jabalis.O sitio e precioso xa que e un balcon pra ver o val de Veiga e o monte Xalo,debe de ter 3 ou4km e dous tuneles que se poden cruzar sin luz xa que son cortos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos