Lun, 01 Set 2014, 14:37
Asunto: Re: XI Carreira pedestre de Moaña (21/09/14)
Ola Castrove,
Estou dacordo contigo e que a moita xente lle pode interesar aforrar e non recibir camiseta, pero o final e un recordo bonito que che queda....
Podo garantizarche que o plantexamento que nos temos para a carreira de Moaña é o de recuperar unha carreira de calidade con moitos servizos para os atletas e que pague a pena pagar os 6 euros. Nesta filosofía entra o tema da carreira cronometrada de forma "oficial" por unha empresa externa e que da certo renombre e garantias a proba.
Nos tamén estamos moi cansados de ir a carreiras por Galicia donde temos que pagar 6 e mesmo 8 euros e non recibir máis que unha pequena bolsa cunha auga e pouco máis.
E por iso que nos plantexamos o de manter un prezo razonable (6 euros) pero incluir no paquete unha camiseta técnica (cun coste superior os tres euros), bolsa do corredor, bebida durante a proba, e mais temas que veredes o día da proba.
Me parece boa idea, e asi o plantexarei á dirección da carreira para vindeiras edicions, que a camiseta sexa opcional. A verdade que é a parte máis dificil de xestionar porque a ciencia certa nunca sabes cantas poden facer falla. Asimesmo tampouco repercute nun aforro por parte da organización, xa que o custe directo que se cobra o atleta pola camiseta vai directo para mercalo.