Ven, 12 Set 2014, 12:19
Asunto: Re: I Media maratón O Grove- Cambados (28/09/14)
Unha pequena reflexión en voz alta (máis ben escrita), sobre esta carreira:
"Maralba Running Fest" Así e o seu nome.
Teño unhas gañas enormes de facer esta carreira, aínda que creo que non estou preparado para ela (por o menos non para facer tempos). Quizais si para disfrutala.
É unha proba que debe ter unha boa financiación, pois estana publicitando continuamente en prensa, en outras probas... Os concellos parecen implicados... Implican a xente famosa (deportistas, cociñeiros..) Implican a restaurantes, hoteis.... Crean unha páxina web, un blog, crean contas en twitter, facebook... Contratan a asesores deportivos... Fan vídeos..
Pero creo que se olvidan de algo básico,
os corredores e tamén as súas familias.
Eu non vexo o recorrido por ningún lado, unha altíimetría ou como se chame (o de google maps tamén o sei facer eu)
Non responden os tweets, os comentarios de facebook.
Non se ve forma de pedir asesoramento técnico/deportivo con quen o teñen contratado (por o menos non na páxina da proba nen dos asesores) Se pinchas en maralba te leva a dos asesores, e se pinchas na dos asesores te refire a maralba.
Parece que non está moi ben coordinado/explicado o tema dos autobuses entre as dúas localidades.
Lle chaman Running Fest, é eu non vexo nada de festa. Non vexo carreira para os mais cativos... preparativos para fomentar o running entre os mais cativos.
A mín me parece que a nivel informativo, están moito mellor outras carreiras (incluso as que se celebran por primeira vez).
Todos temos claro que todos cometemos erros e máis nestas primeiras edicións, pero unha cousa e facelo case sen recursos (como fan outras populares), e outra cousa e facelo con recursos. Esta parece que conta con moitos.
Ista é unha opinión persoal, dun novato que leva 6 semáns facendo running, 4 semáns neste foro; que foi a súa primeira carreira a semán pasada (era a súa primeira edición tamén, e creo que con menos recursos. e estivo ben informada/organizada).
PD: So intento ofrecer un punto de vista para mellorar esta carreira, que espero que se consolide no calendario, pois teño intención de realizala todas al veces que poida.