mac-ray escribió: |
Claro sanmikel, eso xa e totalmente diferente e levas toda a razon, para moitos nenos pode convertirse en un mal trago en lugar de unha festa o feito de alonxarse tanto, pero seguro que ninguen che pon impedimento en ir o seu lado durante a proba, penso que todolos anos se fai. Eu si levo a miña cativa intentarei ensiñarlle antes o percorrido e que o faga sola por primeira vez, pero o loxico e que moitos nenos precisen acompañamento dos pais. Pero a distancia e totalmente asequible para calquera neno de esas idades. |
Marcos escribió: |
Boas. A tenor do tema da distancia do cirucuíto curto e o acompañamento. Efectivamente, as normas din que non se pode acompañar ós nenos. Hai dúas razóns para elo: 1ª- O que corre só pode interpretar que o acompañado leva unha lebre que lle facilita o ritmo. 2ª- Temos visto pais que, en vez de acompañar, o que facían era obligar ó seu fillo a correr, berrándolle e tirando del (e o neno chorando). Típico pai que só quere gañar, a costa do que sexa. Non imos consentilo. Agora ben. O voso caso creo que é diferente. Polo que contades os vosos fillos non van a chegar entre os tres primeiros. Polo tanto, se ides ó seu lado o único que pasará é que en caso de quedar entre os tres primeiros, non poderán optar ó trofeo. Nada máis. Non imos a prohibirlle a ninguén que vaia acompañando ó seu fillo, pero sí ten que saber as limitacións que elo conleva. Non sei se expliquei ven o "espírito" da norma, pero creo que ten cabida todo o mundo. En canto á distancia, eu creo que é perfectamente realizable por un neno de cinco anos. En canto a ser unha volta e perderse de vista, tende en conta que o circuíto está totalmente pechado, e revísase desde o final para verificar que ningún neno queda "perdido" no seu interior. Xa como pai, dicirvos que temos demasiado medo e confiamos demasiado pouco neles. Eu tampouco cría que a miña pequena poidera facer o circuito soa, e sorprendeume. Poden moito máis do os papis cremos (ou máis ben lles deixamos). Bueno, seguide opinando. Eu transmitireille ó Concello todo esto que comentades. Saúdos. |
Marcos escribió: |
Xa está aberta a inscrición en Championchipnorte. Inscrición Carreira Popular de Meaño |