hares escribió: |
AVISO A NAVEGANTES¡¡¡ Estiven adestrando polo percorrido, e entre o quilómetro 8 e 9 hai dúas pequenas pontes de madeira, como facendo "zig zag". A segunda das pontes remata cun madeiro colocado xusto no centro, supoño que para evitar que vehículos a motor (motos ou quads) circulen polas pontes. Para nos, os corredores, é un auténtico perigo; pois se rodamos en grupo non o veremos ata que o teñamos xusto nos pes co conseguinte risco de caída. No segundo tramo de terra hai unha zona de pedras que parecen estar esperando aos nosos nocellos, polo que debemos andar con mil ollos ao pasar por esa zona. Fai uns días unha compañeira do clube levou unha boa zoupada nese tramo. Case ao remate, en torno ao quilómetro 20, na praia de Esteiro; hai unha zona de cantos rodados, non é que os Rolling vaian a estar actuando, é curta sobre 15 metros e vese ben pero ... O percorrido en si é fermosísimo, máis que fermosísimo xa o veredes, e non o digo por ser de Ribadeo. Non é excesivamente duro, pero lembrade que 21 quilómetros son 21 quilómetros. Creo que todos vamos a disfrutar moitísimo. Moita forza a todos. |
PequeñaCriatura escribió: |
Temos un par de cambios no percorrido, a chegada estara detras do aparcamento principal, estara correctamente sinalizado e colgaremos o cambio o venres a moito tardar, e tamen un en rinlo, que no mapa esta mal, xa que vai todo o tempo polo paseo, pasando por debaixo da ponte, non se desvía hacia o centro como esta no mapa. Suerte! |
josemaCB escribió: |
Una pregunta para los expertos, si llueve que me aconsejáis. Chubasquero o correr igualmente sin él?. Yo nunca he corrido lloviendo y parece que tenemos bastantes posibilidades de lluvia o por lo menos de chubascos. |