Lun, 08 Set 2014, 6:34
Asunto: Re: X Cross de verán de Broña.Outes (07/09/14)
Bos días, unha vez finalizado o evento; desde a organización queremos darvos as gracias pola asistencia nun día que ó final se complicou pola chuvia e; tamén polos comentarios, que tanto no positivo coma no negativo nos axudan a mellorar. Como sempre neste sentido pensamos que é moi importante de cara a esa mellora nos digades que cousas fallaron ou botástedes en falta.
Pedir disculpas polos erros cometidos e tratar para o ano de reducilos.
Graciñas tamén, ós annegados voluntarios, tanto a aqueles que ano tras ano sempre están, coma ós novos; adicar unha mañán dun domingo, con madrugón incluído e, nun día cun clima adverso coma o de onte; merece especial mención.
Tamén, como non ós colaboradores, asociación de veciños O Pedregal, Triatlón Pontenafonso, Clube Revoltas, Concello, Diputación, Protección Civil, e outros colaboradores privados que contribuen dunha forma ou outra coas súas aportacións: económinas, de persoal e medios técnicos. E por último e non menos importante a aportación tamén desinteresada dos clubes de Canicross Alejandro Gómez e Caninos de Ribeira quenes nos fixeron disfrutar e achegar un pouco este mundo cunha espléndida exhibición
Animámosvos pois a comentar todo o que sea mellorable e esperámosvos para o ano.
Nota: As clasificacións esperemos saian en breve na páxina da proba, incluíndo os tempos para a carreira maior.
Saúdos e grazas a todos