Lun, 08 Set 2014, 6:58
Asunto: Re: I Carreira Popular "Romería Vikinga" de Catoira (07/09/14)
Agora en serio, vou a falarvos da sensación da miña primeria Carreira, esta Vikinga.
Viña sin moitas ganas, e co ánimo moi baixo, pois non entrenei moito. E por encima en Vigo chovía a Mares as 9 da maña, xa me quitaba as ganas. Pero foi pasar pontevedra, e mellorar o tempo (aínda que choveu, estivo tranquilo o tempo). Me encantou correr con choiva.
Me veu ven correr coas nenas na de pitufos para perder algo de nervios.
Todo foron nervos na sáída, non sabía que facer, onde poñerme, non coñecía a ningúen.
Saída rápida e costa arriba, non esperaba sair tan rápido pero non quería perder de vista a ninguen.
Mantivénme toda a carreira a un ritmo constante, e sen facer animaladas, aínda que consideron que fun máis rápido do que podía.
Fun case so todo o circuito, pois os 3 km, xa vía os que ían diante de lonxe.
En xeral se me fixo longo o circuito, pero non tan duro como me esperaba.
Me encantou ese km por o monte, por esa pista tan boa.
O tramo da xeral cos coches non me gustou nada, ademáis ia forzado correndo. Cheguei a meta despois de facer un sprint de 200m só. Non tiña a ninguén que me presionase, pero quería intentalo.
!!O chegar e ver o tempo Flipei!!!
O meu mellor rexistro, en 10k(non era difícil o ser a primeria vez
), pero me refiro a tanto en series de 6 km.
Flipaba se corría en 44-46 Minutos, e resulta que fixen menos de 41 minutos.
Tiven un subidón increíble.
A miña sensación foi boa, moi boa, eso sí, tiven que esforzarme moito máis do que creía.
Non sei se me vexo preparado para unha mm dentro de 3 semáns.
Un saúdo, grazas organización e grazas foro.