Mér, 10 Set 2014, 9:22
Asunto: Diario de Sanmikel
Hola, non tiña moita intención de crear un diario, e menos público, pero creo que unha forma fácil de conseguir e ver como melloras físicamente.
Eu non son un experto en running, son todo un novato
os meus 36 anos.
Vivo en Vigo, e intento facer "running" por Vigo, aínda que son de Vilanova.
Levo facendo futbol sala 1 ou 2 veces a semán durante 8 anos.
Empecei nisto fai 2 meses de casualidade, despois de unha carreira de 1 milla para recaudar fondos. Como mal no quedei (iso creo), entre os 10 primerios de 80 ou así, me pegou o gusanillo de ver que tempo facía.
Fixen 3 carreiras fáciles de 6km(costa a baixo e chan), e os meus tempo estaban sobre 04'20'' (correndo cos tenis de futbol sala). Por o que decidín comprar unhas zapatillas.
Me fun de vacacións, e fixen algunha saída, pero todo cambiou un día de festa....(x non decir borracheira).
Estaba eu na festa do albariño, un xoves as 5 da maña (non vos digo como de bébedo), e vin durante 3 horas un cartel da MM de Maralba do grove cambados. Na miña cabeza foi tomando forma de que debería correr esa carreira, e así foi.
Empecei un pouco mais en serio entre 3 e 4 saída a semán. Mezclada con 2 días de futbol sala.
Como non tiña moita idea de como entrenarme fixen algo así:
Empecei fai 4 semans:
Mezclei saídas entre 8 e 12 km.
Subin 12 pisos (escaleiras claro) 5 veces estos días.
Fixen 2 veces series 8x400m (ritmo 4') con recuperacion de 200m
Fixen 3 veces series 6x1000m (ritmo 4') con recuperación de 2 minutos.
Fixen 1 vez serie de 8x1000m (ritmo 4')con recuperación de 2 minutos.
As miñas series non son moi boas, sei que teñen que rematar mais duras que cando empezo, pero non sempre o consigo.
Ademais todas as miña carreiras rematan con unha ascensión de 1.2 km, de uns 55 metros (non sei cal é o desnivel).
Despois de todo isto, fixen este domingo a miña primeira carreira Popular. Foi en na
I Carreira Popular Romaría Vikinga de Catoira [10k].
Non ía ser a miña primeira proba (tiña pensado facer a primeira a de Meaño), pero o final me apuntei coa familia.
Tiña en mente facer un tempo inferior os 46m, pero coa intención de rematala, e pouco maís.
Cal foi a miña sorpresa que rematei en menos de 41m.
Estiven a mar de contento, foi unha pasada, me sentín supermotivado.
Iso sí, considero que fun forte, despois analizando as pulsacións recollidas por o meu garmin, creo que así foi. (Iste é outro tema que escribirei no meu diario desposis disto, pois estou un pouco preocupado por os datos das pulsacións.
Isto é a miña introdución, so son palabras o aire, que seguramente a ninguén lle interesarán (non creo nin que a mín), pero ahí van quedar.
Grazas a este foro, a quenes o fan realidade, e tamén os organizadores das carreiras. Todos eles cun esforzo especial e seguro que non remunerado.
O meus máis sentido ánimo e as miñas grazas.
Última edición por sanmikel o Mar, 25 Ago 2015, 12:05; editado 3 veces