Mar, 16 Set 2014, 10:32
Asunto: Re: Desafío Islas Cíes - 1.9km-90km-21km (14/9/2014)
Un 12 para @s voluntari@os, polos seis ánimos entusiastas, que tan ben me fixeron sentir, a pesar da choiva. Moitas grazas a eles. En canto á organización, a única pega que lle podo poñer é que o circuito de natación estaba peor delimitado que o ano anterior: había 2 boias vermellas enormes a carón da praia (que creo que o ano anterior estaban ao fondo) mentres que as de 900 e 1000 m eran pequeniñas. Ademáis, había unha serie de boias intermedias vermellas e non sei se tamén amarelas que non se sabía moi ben se pertencían ou non ao circuito. Con todo esto, eu decidín guiarme polas táboas dos surfistas-remeiros e por donde ían os demáis nadadores. Non sei se dende fóra se viu así, pero nas fotos vese á xente facer curvas innecesarias.
Outro tema foi o do xuiz que me penalizou con 5 min por drafting, cando o que fixen foi beber e tomarme 5 segundos de respiro (era xa a cuarta volta, e as forzas e reflexos xa non son os mesmos) antes de adiantar a outros dous ciclistas que ían máis lentos. De feito pronto os deixei bastante atrás, polo pouco interese tiña eu en ir á súa roda. Non se pode ir na estela doutro corredor 15 s durante o adiantamento?. Pois non creo que fosen máis de 20s o que me levou entrar na súa estela, beber, e adiantar. Penso que foron excesivamente estrictos na sanción e que a aplicaron rigurosamente, pero o peor foi qué o xuiz negouse a dialogar comigo cando lle din e pedín explicacións de xeito pausado e educado.
Esto non quita que considere que a organización foi de 10: habituallamentos, fisioterapia, comida e cervexiña... A inscripción é cara, pero repetín este ano a experiencia do ano pasado porque me sentín correspondido co retorno da organización para co triatleta. Probablemente repita en vindeiras edicións. Novamente reiterar o meu agradecemento aos voluntari@s.