Xov, 07 Xuñ 2007, 1:21
Asunto:
amigo,
fema...
efectivamente, tomei parte nesta bonita maratón na súa edición do ano pasado...
e o certo é que non teño máis que boas palabras desta carreira, pese a que non me saiu todo o ben que eu esperaba
... para empezar, planteime con retraso na liña de saída (sempre me pasa algo...), e tiven que sair como 10mins máis tarde que o resto de corredores, sen ter tempo nin para quentar nin para estirar, cousa que non lle recomendo a ninguén, e menos nunha maratón de montaña... mesmo me plantexei a posibilidade de non tomar a saída... afortunadamente, decidín correla, facela tranquilo, e disfrutala todo o posible... e así o fixen.
moi recomendable, pero tamén moi dura... non teño referencias de outras maratóns de montaña para comparar porque esta foi a primeira e ata o de agora única experiencia, pero polo menos así mo pareceu a min...
o terreo é moi variable, pero tes bastantes zonas para correr se te sintes o suficientemente forte para facelo... nas zonas de baixada (algunhas moi pronunciadas), e sobre todo nas de subida, é mellor que non o fagas e que regules para non castigar os músculos en exceso... o ano pasado tivemos néboa case toda a carreira e case que pasei máis frío que calor... pero a finais de xullo, con un día despexado e algo de humidade, pódese facer terrible...
do que non vas ter fallo é da
organización... moi ben... na saída, na meta, nos avituallamentos (súper completos e abundantes, sobre todo os sólidos)... o recorrido moi ben sinalizado e definido (imposible perderse)... teño a suficiente experiencia e bastantes carreiras no saco como para poder decir que en
Euskadi se fan as cousas moi ben no que a este tipo de eventos populares se refire... non sei, outra maneira. E ti tamén o vas a notar.
e o
ambiente espectacular... nunca estás só... xente que a fai a pé, ciclistas, bastante público en determinadas zonas... sempre ves xente ao teu redor, e iso fai que nunca deixes de sentirte arroupado, cousa que tamén é moi importante...
da
paisaxe pouco che podo dicir porque xa che comento que a néboa nolo puxo difícil nese sentido... pero o pouco que vin, gustoume.
aínda queda mes e medio, e seguiremos informando, pero o único que che podo aconsellar de momento é que a prepares ben e que te animes, que merece a pena e seguro que non te defrauda.
eu xa sabes que agora mesmo ando metido noutras historias "montañeras", e que este ano non vou poder repetir nin acompañarte... aínda me chegou o outro día o folleto da organización á miña casa... e recibino con certa morriña, non penses. Outra vez será.
xa sabes que aquí estou para o que poidas necesitar.
saúdos
sexo, zume de melocoton & rock'n roll