Darreina escribió: |
Pois vou a ser a da discordia. Seguramente saldran un montón de correlegas a criticarme pero a min sí me parece unha carreira positiva. Creo que non sería o mesmo se fose toda de homes porque cada vez que vou a unha proba popular o 90% da inscripción son homes. Non precisan unha carreira só para eles xa que casí todas as carreiras son para eles... E certo que formalmente a calquer muller se lle permite a inscripción pero socialmente as veces non é doado. Moitas mulleres se sinten cohibidas entre outras cousas pola falta casi total de participantes femeninas ( e non che conto no caso de que sexan mulleres maduritas ou gorditas...). Creo que todas temos oido en máis ocasións das que deberíamos comentarios mentras corremos sobre o noso aspecto ou as nosas curvas. Creo que o feito de verte rodeada de outras mulleres e que non son precisamente o prototipo da deportista de elite axuda a perder ese medo, esa vergonza... e a proba está en que hai 5000 mulleres apuntadas . 5000!!!. Onde ves 5000 mulleres correndo? Onde están o resto do ano?? Por algunha razón non se sinten en condicións de apuntarse en ninguha outra carreira popular. Que den o primeiro paso é positivo e que a sociedade as vexa tamén o é. Por outro lado o feito de sentirte unha parte activa nunha patoloxía maioritariamente femenina eu creo que mellora a autoestima e redunda na idea de que podemos facer algo para facerlle frente a esta lacra. Con respecto ao do precio totalmente de acordo contigo , pareceme vergonzoso a porcentaxe que se dona . Creo que é un negocio e despóis de ler os argumentos da organización creo que teñen ben pouca vergonza. Ainda así , para min, sigue a pesar máis o positivo que o negativo polo que o domingo espero estar na saída da carreira da muller e seguirei estando en moitas outras onde a porcentaxe femenina é testimonial |