Dom, 21 Set 2014, 19:33
Asunto: Re: XI Carreira pedestre de Moaña (21/09/14)
Grazas organización por unha carreira tan boa!!
Esta é a miña terceira participación nunha popular, e quizais non sexa a mellor opinión, pero é a miña, a dun novato.
Todo saiu ben, antes da carreira un gran ambiente por parte da organización, rúas xa cortadas, todo super ameno, con música e moita megafonia, coas carreiras dos nenos maiores... Perfecto.
A min persoalmente me encantou. Duas lebres o final ( 4 e 5).
Un animador na primeira glorieta, unha banda, na metade, e outro case o final do recorrido de ida.
A xente apoiando, dándo ánimos.
Eso sí, un nivelazo de carreira, pois co bo tempo que fixen eu (baixei dos 39'), non quedei tan arriba como debería. Xa mo imaxinaba o empezar a carreira, pois o ter o clube de atletismo no pobo... parecía que había moito nivel.
O dos fisios, unha pasada, moitos, e moi amables.
A carreira dos nenos peques despois da nosa, perfecto!!
A entrega os gañadores, e de agasallos, perfecta!!! Intercalando, sorteo con entregas!!!
Para mín 9 de 10.
¿Porque non un 10?:
- Non houbo avituallamento intermedio.
- A auga no km 9.7, horroroso (e por encima en vaso, mellor botellín)
- Considero que os premios non deben ser acumulativos (creo que houbo xente que repiteu premio, non estiven tan atento ahi pois estaba cos nenos, pero así me pareceu)
Por certo, me apunto a carreira, pois a miña intención e repetila para o ano de ben!!
Un abrazo a cada un dos membros da organización, e grazas de verdade!!!!