Foros ›
Autor
Mensaxe
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Set 2014, 15:26
Asunto: axuda zapas maratón

Boas! Gustaríame que me aconsellásedes unhas zapatillas de adestramento para un maraton. mido 1,60 peso 60 kg e uso plantillas. Estaría disposto a gastarme ata 120 euros.Espero as vosas respostas. un saúdo.
carmo77

Maratoniano
Maratoniano
9/09/12
0 Carreiras
566 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Ven, 19 Set 2014, 20:14
Asunto: Re: axuda zapas maratón

x tu peso te puedes permitir muchas zapatillas,aunque creo q sería más importante q ritmos manejas y q experiencia en largas distancias tienes, si no son muy altos yo me iría a amortiguadas con drop medios,pueden penalizar algo en ritmo pero las articulaciones te lo agradeceran. Para mi las saucony triumph son de lo mejor para maratón aunque las saucony ride tb te irían muy bien, más radicales las skecher go run 3,la estoy usando y son muy muy buenas y económicas,para mi no las veo en maratón x el peso,pero son muy ligeras, pesan menos incluso q las kinvara, amortiguadas y favorecen la técnica con su forma peculiar y drop 4 q con tu peso estas te iban a ir de lujo, eso si,si ya usas drop bajos, si no mejor otras opciones.

MARCAS
10km: 42min34
M.M. :1h34m55
42,195km: 3:29:31
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Set 2014, 21:25
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Teño como obxectivo intentar baixar de 3 h 30 min asi que andarei en ritmo de 5 ou 4:50. As triumph se que son boas pero quería como moito conseguir algo por 100 euros.Que opinas das New balance 980 fresh foam?
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 19 Set 2014, 22:08
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Se as Skechers GoRun 3 te parecen un pouco escasas, podes probar cas GoRun Ride 3, co mesmo drop, se lle quitas as plantillas removibles, pero con máis amortiguación. Para o teu ritmo poderían ir perfectas, tanto para entrenar coma para competir. E polo prezo que teñen, menos de 80 Euros, se as consigues un pouco rebaixadas, podes comprar dous pares polo prezo dun doutras marcas e facer unha rotación con elas. As GoRun 3 poderías usalas para carreiras de 10 kms. Claro que tamén depende da túa técnica. Si é medianamente eficiente e non tes problemas en aterrar de mediopé, podeste adaptar as GoRun 3 con facilidade. Tamén podes facer unha rotación cos dous modelos, deixando as Ride para rodaxes máis cómodos e longos e as outras para traballos máis de ritmo, coma intervalos, fartleks, repeticións, rodaxes a ritmos próximos os de competición de media e maratón, etc. E así, adaptándote a elas neses entrenos máis curtos, poderías probar nalgunha rodaxe máis longa con vistas a adaptarte para correr a maratón con elas. Nos setenta corríamos con Adidas Special Marathon e Onitsuka Pinto ou Marathon, entre outras poucas, que non había moita variedade, con menos drop, menos altura de mediasuela, as Onitsuka só tiñan a suela externa sen mediasuela algunha, e materias non tan blandos e amortiguantes coma os de agora. Servían tanto para entrenar coma para competir. Claro que éramos corredores federados, acostumados o pouco drop dos clavos e zapatillas de adestramento da época. A miña primeir carreira de gran fondo, ós 19 anos, en 1976, un 20 kilómetros en pista de cinza, fíxena descalzo, pero claro estábamos acostumados e non tíñamos necesidade de facer unha lenta e progresiva transición coma agora é necesaria por vir de zapatillas super amortiguadas e con perfiles altísimos e drops moi esaxerados. Skechers estase convertendo na minha marca preferida. Teño as GoRun de primeira xeración, en perfecto estado e as GoRun Ultra, cun concepto maximalista con moita altura de mediasuela, amortiguación xenerosísima e drop de 4mm. sen plantilla, o que propicia, tamén pola sua curvatura, o aterraxe de mediopé. Son cómodas, extremadamente lixeiras e con moi bó prezo. Unha marca que vai cada día a mellor.

Alex
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 9:24
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Moitas grazas por toda a informacion acerca das skechers a verdade e unha marca que descoñezo, ¿onde podo atopalas na zona de coruña ou ferrolterra?.Ademais das skechers que outras zapas poderianme encaixar segun o meu perfil?
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 10:12
Asunto: Re: axuda zapas maratón

En Santiago, na tenda de Pedro Nimo, 3&Run. En outras localidades, terás que mirar nas tendas. Como curiosidade, as GoRun de primeira xeración estuveron o ano pasado de saldo no Alcampo, a menos de 40 Euros...

Alex
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 11:21
Asunto: Re: axuda zapas maratón

As skechers gorun 3 e as gorun ride 3 son compatibles pra usar coas plantillas? se coñecedes outras marcas que se podan adecuar o meu perfil por favor comentade Sorriso
seixi

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
22/11/08
0 Carreiras
1016 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 12:13
Asunto: Re: axuda zapas maratón

En tu caso, además de las que te han comentado, me plantearía unas New Balance 890, que con tu peso te valen para todo, y por experiencia te digo que van bien con plantillas.
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 13:05
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Lin que as skechers gorun ride 3 son boas como transición para o minimalismo e entón teño a dúbida se serán compatibles coas miñas plantillas. Se son compatibles irei probalas posto que o precio e moi asequible. Alguén que as teña me pode dicir as sensacións coa amortiguación? As quero pra adestrar un maratón e non quería unha zapas de pouca amortiguación.
carmo77

Maratoniano
Maratoniano
9/09/12
0 Carreiras
566 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 13:15
Asunto: Re: axuda zapas maratón

yo hice 3:31 con las triumph en coruña este año y ya corrieron otra maratón dos meses antes, son zapas de ir sobre seguro y para tu ritmo sobrado, verdad que como dice seixi y ya te comente puedes irte a unas mas rápidas,si no tienes miedo a comprar por internet las triumph las das comprado por 75-85€, yo las pille por 64 en casa puestas, keller-sport y sportsshoes venden saucony con bonos cada 2x3, y keller en 5 dias en casa y la otra 10+-. Ahora x tu peso y 3:30 si buscas correr eficiente y precio económico tus zapas son las skecher, también las tienen en sportzone, yo las pille en web con descuento 20% entrega en tienda, eso si, si vives cerca de santiago por el precio que tienen iria junto Pedro Nimo que las pruebas directamente ves sensaciones y números y sus consejos,ojo no te fies al ponerlas, cuando yo las puse la primera vez en la tienda dije,que cosa más rara parece un balancin

MARCAS
10km: 42min34
M.M. :1h34m55
42,195km: 3:29:31
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 16:07
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Teño ganas de probalas skechers por todo o que me dicides pero santiago quedame un pouco lonxe e no sportzone non as atopei.Seran compatibles para usalas con plantillas?
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 17:13
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Usar con plantillas, se pode, pero a filosofía das Skecher, como a de calquera minimalista, tanto radical coma amortiguada, coma as de transición, é a de correr da forma máis parecida posible a correr descalzo, sen nengún tipo de corrección na pisada. Certas descompensacións poden moitas veces con tempo e o uso de zapatillas minimalistas, quedar eliminadas. Eu non sei a razón de que uses plantillas, moitas veces son prescindibles, ainda que moitos podólogos digan que todos as necesitamos. Pero claro, tamén pode haber casos en que non só sexan aconsellables, senón obrigatoriamente necesarias. Por moito que mellores a tua técnica de carreira e a túa economía ó correr, por moito que fortalezcas músculos, tendóns e ligamentos, unha dismetría na lonxitude das duas pernas que sexa moi evidente, non pode correxirse máis que cunha alza na perna corta mediante unha plantilla ortopédica, taloneira personalizada, etc. Pero, en caso de necesidade, un bó podólogo debería poder facerte, se llo pides, unha plantilla que te posicione o pe de forma neutra e correctamente estable, pero sen cambiar-lo drop da zapatilla para non interferir na forma en que esta está diseñada para que pises da forma máis correcta. Amáis, hai casos en que unha plantilla é unha solución temporal e despóis podes prescindir dela. Se tes dúbidas coa cantidade de amortiguación eu iría primeiro ás GORun Ride 3, con boa amortiguación e que non creo que te esixan unha etapa de transición moi longa. Seguramente os primeiros días podes notar algunha sobrecarga en xemelgos ou así, pero en poucos días estarás plenamente adaptado a elas. Podes comenzar, se ves de drops altos, coas plantillas que traen durante un par de semanas e despois ir quitándoas progresivamente e ver como vas con 4mm. de drop. Si te acostumas e te apetece, despois de tempo proba-lo 0 drop, tes minimalistas non radicais na colección de Skechers, coma as Go Bionic, con certa protección e amortiguación e as Go Bionic Ride, tamén 0 drop, pero con máis amortiguación, así coma as Go Bionic Trail. Bueno, xa nos contarás. Saudos e... Go Run (vai a correr).
Alex

Alex
Mrzapas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/07/14
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Set 2014, 21:11
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Como foi o teu cambio o minimalismo? notase mellora correndo con ese tipo de zapatillas?
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 21 Set 2014, 9:17
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Mira, como eu teño artrose da cadeira dereita, non podo correr nin moito nin rápido, pero asegúroche que coma mellor vou é coas GoRun e... en asfalto, curiosamente, pero esto último débese principalmente a que, na superficie máis lisa e uniforme das estradas, a miña cadeira vai máis estable. O que teño moi claro é que as zapatillas con moito drop non me van ven e fanme arrastrar a perna derita moito. Cando xa teña a prótese posta e pase a recuperación e o período de rehabilitación, empezarei a correr e andar, con moita paciencia, sentidiño e calma, cas GoRun ou cas GoRun 3. Eu non necesitei período de adaptación porque estaba facendo moi pouquiño de carreira debido ós meus problemas. Saudos.
Alex

Alex
mery17

Novo foreiro
Novo foreiro
9/10/12
3 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Set 2014, 18:19
Asunto: Re: axuda zapas maratón

Se es de Coruña podes mirar en Marathon Running Shop, unha atención de 10 e moi bos prezos. Ainda teñen incluso algunhas zapas rebaixadas da tempada que pasou. Mellor sitio non vas topar.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos