Lun, 22 Set 2014, 11:19
Asunto: Re: I Media maratón O Grove- Cambados (28/09/14)
Hola a todos!!
Son Pablo Díaz, o director técnico da carreira, sólo a nivel técnico-deportivo levo o tema.... asi que podédesme facer todo tipo de preguntas pero que sepa ou poida respostar.
A carreira leva moito tempo xestándose, os técnicos de Deportes de Cambados e do Grove, así como os concelleiros de deportes e os alcaldes volcáronse nisto de maravilla.
Alá por marzo eu propuxen datas sin haber en calendario nada de nada "collido"... por uns temas ou por outros que a min se me escapan (son técnico non político...

) decidiuse os 28 de setembro, que cando se puxo NON había máis que os 10km de Vigo, que nese intre non eran homologados.
Co que sólo deberíamos competir en xente cun 10.000 non homologado. que tampouco pasaría moito pq o medio maratón nesta data viña ven como test para maratóns vindeiras ou outros medios maratóns que hai no panorama.
Os compañeiros de Ferrol tiveron o problema coa sua carreira de medio maratón departamental e cambiouse para este mesmo día: non pasa nada: un no norte e outro no sur; e un 10mil en Vigo para os menos Kilometreiros.
O problema foi cando os 21 costa da Vela saliu, que moi amablemente se lles comentou e cambiaron a data para este domingo 21 de setembro e non coincidir: é de agradecer. E cando parecía que todo estaba calmado... chegou a federación galega e plantou o Cto Galego de 10k en ruta en Ribeira nun circuito homologado (lóxicamente porque é campionato...) habendo ese día no se calendario:
1 dez mil homologado en Vigo (10KM)
1 dez mil homologado que é Campionato Galego da distancia en ruta, con premios en metálico para os absolutos/as ... ¿?
1 medio maratón Homologado MARALBA en O Grove - Cambados
1 medio maratón Calendado pero non pon nada Homologado en Ferrol
1 carreira de 6.000 m na Coruña calendada e con premios en metálico a individuales e equipos.
1 carreira calendada do Circuito de correndo por Ourense, na Universidade
....
o sábado 27 pola tarde o Campiontato Galego de Milla....
Con todo isto, si o organizador de cada unha das carreiras ten a máis de 400 en cada unha delas: é un éxito.
O que había que plantexarse é si o traballo da FGA está sendo o correcto deixando calendar o mesmo día tanta carreira igual.... co fácil que sería:
Si un organizador pide calendar a súa proba X e xa hai outra nese día pedida oficialmente e pagados os seus cánones, no deixar calendar máis.... PERO SEÑOR DON DINERO € chama á porta. Porque o do Campionato Galego de 10k en ruta é de "traca" habendo con meses de antelación os 10k de Vigo homologados, é para máis INRI tendo a Carreira de A Coruña 10, que precisamente organiza a FGA 1 fin de semana máis adiante no primerio de Outubro e outros anos xa foi Campionato Galego...
En Fin; espero que haxa xente na MARALBA, que os que vaiamos o pasemos como nunca, que sexa o inicio dun gran Medio Maratón (recordo que non fai moito o MMPontevedra eran 400-500-600 e agora... xa vistes o ano pasado): Espero que todos os organizadores o día 28 teñan xente suficiente para que "non peche" ningun evento, pero debería sentarse a FGA a pensar e recapacitar, xa que o novo mandato do Presidente acaba de comezar e si esto vai a ser os vindeiros 4 anos.... como di un gran runner amigo de todos, Mr Peter Nimo: "deus nos pille confesados" !!
Apertas!