Dom, 21 Set 2014, 19:43
Asunto: Re: 21k Costa da Vela (21/09/2014)
Felicitar a toda a organización, colaboradores e toda persoa que botou unha man no evento.
Respecto a carreira en si, creo que fumos enganados pola dureza da mesma, este era un trail en toda regla, aquí falaron das costas pero vaia costas. Aquí dende o 1º ata o derradeiro tiveron que poñerse a andar.
Eu se o chego a saber non me pegaría un madrugón, e faría máis de 240 Kms. ida e volta. Non costaba nada dicir que era unha carreira moi exixente, que os tempos respecto a unha Media de asfalto ianse elevar unha barbaridade. Eu funme a 1h49'59" polo meu crono.
Ollo que esta é unha reflexión miña respecto ao percorrido, xa que non me gusta competir en carreiras con tanta dureza.
Respecto a organización, fabulosa en todolos sentidos, gran cantidade de voluntarios, gardaroupa, gran avituallamento líquido e sólido en carreira. Ao rematar, paella para repetir e empanada, bebidas, servicio de masaxe (que ben me sentou), duchas portátiles a pe da meta.
Para ser unha proba primeriza un notable moi alto, xa que ademáis hai que engadir a problemática organizativa que conleva ter a saida e chegada en sitios diferentes.
Se cadra me esquenzo de algo pero se me acordo xa o poñerei