Lun, 22 Set 2014, 13:38
Asunto: Re: III Circuito de Carreiras Saudables CorreSan III
Todo moi ben, bueno, menos eu, que xa quentando vía que a cousa non ía. Era mellor quedar a axudarvos na organización, jejeje. Con todo, grata experiencia e diferente. Para os que non gosten das carreiras do CorreSan, dicirlles que perderon a posibilidade de participar nunha carreira ÚNICA, onde, como din os foreiros, te pos a proba e nunha contorna inmellorable.
Mágoa polos que non puideron vir por estar afectados polo cambio de data. Visto o éxito organizativo espero que poidades probar o ano que vén.
A distancia, medina pola tarde na bici (coa roda moi ben calibrada) e andaba a cousa por 3,6 km (confirmado logo no plano). Por certo, se a carreira chega ser de tarde, aquelo estaría petado de público. Con todo, pola mañá estivo ben, cos propios participantes animando na subida do asfalto.
Por certo Iván, revisade a clasificación, que nos falta o noso "super" WALTER OMAR. Aparece como abandono, pero non foi así. A ver que puido pasar. Seica anda triste por non contarlle o tempo.
Xa non queda nada para rematar o CorreSan. E xa toca pensar no seguinte. En lugar de eliminar ou cambiar carreiras como se indica por aquí, creo que o bo é que aumenten, de forma sostible, claro (tería máis sentido para descartar o peor resultado, xa que así a marxe e pouca). No obstante, iso require a implicación de máis barrios e parroquias neste tinglado (xa o levo comentando dende hai anos, xa que doutra maneira a responsabilidade sempre recae nos mesmos). Non sempre imos correr pola cidade histórica, lugares emblemáticos de sobra coñecidos, ou por zonas case que deshumanizadas en fin de semana, non? Santiago é bastante máis que o centro, e queda moito por descubrir. E, sobre todo, para ter máis oportunidades de facer partícipes ás nosas veciñanzas (a través das súas asociacións, agrupacións, clubs, etc.).
A ver que tal na última cita, vémonos.