Foros ›
XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
G.Silva

Maratoniano
Maratoniano
21/09/11
0 Carreiras
152 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Set 2014, 11:38
Asunto: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Inicio fío sobre a carreira de Brión.
Parece ser que este ano van a modificar o circuito da carreira.
No seguinte enlace podedes atopar a información que hai dispoñible e facer as vosas inscricións.
Páxina da carreira
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 23 Set 2014, 15:14
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Ben, ben, carreira bonita, durilla e con grandes facilidades para os corredores coma o aparcamento que se habilitou perto da saida. Estarei pendente para inscribirme. Animar a todos os que o están dubidando a que se animen. O dito é unha carreira algo durilla ó principio si repiten o percorrido pero xa sabemos que estas carreiras durillas deixan un bo sabor de boca. A entrada na Carballeira de Santa Minia foi moi bonita o ano pasado. Isto empeza a animarse e no horizonte xa se van albiscando as carreiras da comarca de Santiago e as grandes de Galicia. Un saudiño atletas.
monchodepelejrino

Montañés
Montañés
11/09/08
0 Carreiras
285 Mensaxes
Muros-Brion
Respostar citando Envío Mér, 24 Set 2014, 11:04
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Eu animovos a participar, e segun o novo percorrido suavizose moito...antes era moito mais dura, con aquela inmensa costa de saida...este ano faise costa abaixo a saida...e ainda que ten subidas (como non podia ser doutra maneira) nada que ver con anos anteriores...
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 24 Set 2014, 19:49
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

un pouquiño mais suave sera si,ainda que espero que non perda o seu encanto,que estaba en parte no circuito.Empecei a correr fai alguns anos nesta carreira e teñolle un cariño especial.Ahi estaremos.
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 25 Set 2014, 6:59
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Boa idea suavizala un pouco, sobre todo para os corazóns dos corredores, aquela costa de inicio era un pouco forte de máis. Intentarei ir para empezar xa o mes de outubro con bo pe ante todas as carreiras que un ano máis se aveciñan. Sigo animando a todos os que vaian posto que o ano pasado había un prado para aparcar ben o coche e organización, atletas e público moi ben. Vamooooooooooooooooooooos.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 25 Set 2014, 7:21
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

monchodepelejrino escribió:
.....o novo percorrido suavizose moito...antes era moito mais dura, con aquela inmensa costa de saida...este ano faise costa abaixo a saida..

buuu! vendidos! Demo sorrindo

fora broma, non é mala cousa poñer unha costa ao principio pois axuda a separar rápidamente o grao da palla e enseguida cada un quedamos situados no noso nivel evitando así os encontronazos e empurróns. Digo esto como opinión, pois importame pouco se é parriba ou pabaixo Mr. Green Alí estaremos se é posible pois sempre hai bo ambiente Guiño

-- Chámame "ghose"
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 26 Set 2014, 6:51
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Uy XoseM eso de separar o grano da palla soa a inferno e ceo, coma si os que somos lentiños fósemos pasto do inferno, non sei eu, non é un comentario moi axeitado. Eu penso que nestas probas populares os que van rápido tampouco se poden emocionar moito porque non deixa de ser iso: unha proba popular (que non do PP ja, ja) si queren emocións fortes que vaian os xogos de Rio ou é que non se clasificaron, ja,ja...saudos.
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2014, 8:13
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Recordade que o vindeiro día 1 de Outubro finaliza o prazo para inscribirse na XXXII CARREIRA PEDESTRE DA AMAIA e ese mesmo día as 23:59 hrs. remata o prazo para pagar a cota de inscrición (5€). Rogamos que non vos demoredes coas inscricións e que as fagadas o mais prontro posible.

ESTES PRAZOS ESTABLECENSE DESTA MANEIRA PARA QUE A ORGANIZACIÓN TEÑA TEMPO "SUFICIENTE" PARA TRATAR OS DATOS DOS PARTICIPANTES E PREPARAR DORSAIS/PROGRAMA DE CRONOMETAXE, etc...

ROGAMOSVOS COMPRENSIÓN

carreirapedestredaamai...ot.com.es/
slash

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/06/12
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2014, 11:00
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Despois de cubrir a inscripcion e pagar a cuota no banco...e obligatorio mandar o email?? Nn chega xa con pagar e kedarse co recibo??
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2014, 12:55
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

slash escribió:
Despois de cubrir a inscripcion e pagar a cuota no banco...e obligatorio mandar o email?? Nn chega xa con pagar e kedarse co recibo??
É totalmente necesario enviar o mail co xustificante a concellodebrion @ gmail.com.

A RAZÓN: A organización corre a cargo integramente do Concello de Brión, como podedes imaxinarvos a conta bancaria dun concello soporta diariamente centos de movementos co cal é para nos casi imposible saber de quen son os ingresos dos preto de 300 partipantes se non é vendo xustificante bancario de teren ingresado.

Desculpade as molestias.
pherreGZ

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/06/13
23 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2014, 14:04
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

Como veciño de Brión, dígovos que non vos confiedes con iso de que é menos duro, pois despois do descenso inicial toca unha subida larga e constante que máis de un/unha igual a vai pagar, eso xa dependerá das pernas pero mellor non cebarse moito no inicio ainda que non sexa moi dura. Vémonos o domingo Sorriso
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 30 Set 2014, 2:20
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

feexenio escribió:
Uy XoseM eso de separar o grano da palla soa a inferno e ceo, coma si os que somos lentiños fósemos pasto do inferno, non sei eu, non é un comentario moi axeitado.
ben, podes interpretar o que estimes oportuno, pero o meu era un comentario factual, non valorativo das personas que corren Guiño

-- Chámame "ghose"
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Set 2014, 12:22
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

XXXII CARREIRA PEDESTRE DA AMAIA

Na web da proba, (no marxe dereito) podedes comprobar o listado provisional de Adultos inscritos a día 30/09/2014 ás 14 h.

carreirapedestredaamai...ot.com.es/
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Out 2014, 6:48
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

XXXII CARREIRA PEDESTE DA AMAIA

Recordamos que o prazo para inscribirse na proba FINALIZA HOXE DÍA 1 DE OUTUBRO ÁS 14:00 hrs. A partires desa hora non se eceptarán, DE NINGUNHA MANEIRA, mais inscricións... e procedesanse a desabilitar os formularios postos na web a tal efecto.

INGRESO DA COTA (5€): O prazo máximo para facer ingresos/transferencias da cota son as 23:59:59 h. do día 1 de Outubro. Os ingresos que se fagan despois desta hora non serán validos.

ESTES PRAZOS ESTABLECENSE DESTA MANEIRA PARA QUE A ORGANIZACIÓN TEÑA TEMPO "SUFICIENTE" PARA TRATAR OS DATOS DOS PARTICIPANTES E PREPARAR DORSAIS/PROGRAMA DE CRONOMETAXE, etc...

ROGAMOSVOS COMPRENSIÓN

carreirapedestredaamai...nosas.html
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1678 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Mér, 01 Out 2014, 10:11
Asunto: Re: XXXII Carreira pedestre da Amaia - Brión (05/10/14)

No reglamento pon que a recollida de dorsais será antes das 10. Ides seguir esta norma o pé da letra ou os da carreira das 11 entragaredeslle os dorsais algo mais tarde tamen??





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos