Ven, 19 Set 2014, 7:58
Asunto: Re: Terremoto Trail
Eu fixen a media en duas ocasións e paseino moi ben.
Ten un pouco de todo, o principio zonas nas que correr, despois rampas duras cara arriba, unha baixada vertixinosa e o tramo final do rio un pouco máis técnico e divertido.
Este ano estaba pensando en pasarme o maratón, pero ando curto de entrenos e méteme medo a segunda subida o Oribio que parece moi dura (600 metros de desnivel en 3 km) e que tería que tomar con moita calma para despois poder disfrutar da baixada e o tramo do rio.
Esperarei un pouco probando un par de entrenos largos antes de decidirme si repetir media ou ir o maraton...