Lun, 06 Out 2014, 12:46
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Coruña10 (05/10/14)
Esta non foi a miña...igual que non o foi no 2013, nin no 2012, nin no 2011...10...etc....tiña dous obxectivos, baixar de determinado tempo e de non poder ser, alomenos facer o mellor tempo nesta carreria.
A priori, as circunstancias eran idóneas: -bos adestramentos, boas carreiras, moitas “lebres” ás que seguir e ademáis o circuito máis rápido que outros anos (o desnivel penso que é igual que noutras edicións, saída e meta a nivel de mar, sendo o punto máis alto a Torre). O tan “terrible e temido tapón” da saída no apareceu por ningures.
A miña carreira empezou uns 15 minutos antes, cando as 10:15 estando xa cortada a Casa do Mar decidín chimpeime do coche e saín correndo...era eso ou non chegar a tempo. E cheguei, cheguei me coloquei, saudei e vin varias referencias trasnas...referencias que só vin na sáida porque despois foi un querer e non poder.
Ó tema, saimos como miuras pero ben, marcamos o primeiro km 8 segundos por debaixo do ritmo obxectivo. Levantamos un pouco o pe e, lonxe xa do barullo inicial, pasamos o segundo km 3 segundos por debaixo...ben, ben, seguimos ben e sen sufrir. Paso (xa en singular) o terceiro sen decatarme, pero cando chego o cuarto xa acumulo un segundo por enriba...ben, sei que os dous últimos kms, son máis que favorables, ergo (puedo prometer y prometo) podo permitirme e me permito seguir a ese ritmo...a partir deste momento vou deixar de lado o crono e seguir ata a Torre.
Nada máis chegar ó paseo marítimo atópome con Litho. Pregúntame qué tal? “creo que ben, estou reservando un pouco” e o vexo pasar, mentres me contesta: “yo voy justo, pero me da igual hasta donde llegue”. Decido intentar seguilo, porque a verdade e que ten razón, cantas veces ten acontecido esta historia no C-10, ir así, pouquiño a pouquiño acumulando segundos que despois me pesan como unha lousa e que despois non son quen de levantar.
Os tres seguintes kms. son unha nebulosa extraña, non sei cantas veces Litho máis eu nos pasamos, que se ti trazas esta por dentro, pois eu por fóra, agora os dous polo medio...foi entretido? Sí!, a verdade é que me axudaba moito ter a alguen de referencia e ademais íamos facendo a goma, pero tamén pasando xente e a esas alturas de carreira xa non é tan doado adiantar.
Quero saber como vou, así que no km. 8 miro o crono e constato...esta non é a miña...a verdade e que non sei o que pasou, cando levantei tanto o pé como para acumular xa 1 minuto por enriba do obxectivo!!! Máis que enfado, estou sorprendido, sei que non fun a saco pero 1 minuto en 8 kms???!!! Paso da sorpresa e tento seguir a Litho que a estas alturas sigue turrando (foder e iso que non podía máis!!!), erguendo un pouco máis a cabeza vexo unhas guedellas coñecidas, pero non, non pode ser...o Sr. Tenreiro vai por diante...vale un novo incentivo. Litho pasa por diante del coma se nada, pois eu non vou ser menos, ergo a cabeza, me meto por dentro, apreto un collón contra outro e saúdo como se nada (en plan, pasaba por acó)...Tenreiro resposta civilizadamente como corresponde nestas circunstancias “cabrones!!!, me pasáis todos”.
Pola miña cabeciña pasan dúas ideas, dunha banda “este home leva adestrando en serio un mes e xa está nestes tempos!!! (que paquete son!!!)” e doutra “miña nai querida, agora fai o que teñas que facer pero que non che pase e sobre todo turra desde acó (1.5 kms para meta máis ou menos) porque se chegades xuntos este esprintando che saca 100 metros. E mentres Litho, que non para, nin mira para atrás nin ostias, vai seguro do que está facendo e xa se ve ó lonxe a Solana. Decido encomendarme a San Antón e apretar o que queda, aínda podo tentar facer o meu mellor tempo nesta carreira, chego ó Arqueolóxico cun 65 sgs para rematar, e a partir de acó comeza outra carreira.
Emparéllome con Litho e lle digo se quere vir conmigo ata o final, apretando pouco a pouco pero sempre progresando...e comezamos, a meta está ahí e empezo a mirar máis o crono...pero non vexo o reloxio de meta...nin a alfombra, nin...mimá.com grave erro de principiante!!!...esa non é a meta, esa é a saída. (claro total son levo un par de carreiras

)
Débeda de osíxeno? Dise así? Na wikipedia aparece unha foto miña cando buscades “débeda de osixeno”, son eu cando me decato que a meta está máis alo e eu levo 500 metros dándoo todo e un pouco máis e aínda quedan non sei pero cantos metros pero para min son centos e centos de metros...e agora??? Agora, baixo a cabeza e sigo correndo como podo, pensando en chegar ata a seguinte baldosa porque non quero nin erguer a cabeza, só quero rematar e xa. Chego, paro, me dobro, saúdo a xente no idioma post-morten bsss, fpff, sasdf, tempo 13 segundos por riba da mellor marca nesta carreira e sei que me trabuquei nalgo, pero non sei no que...no me importa, agora non. Rematei esta agonía que foi as dúas carreiras unha de 9.700 metros e outra de 300 na que morrín e resucitei para voltar o ano que ben.