Mar, 07 Out 2014, 13:43
Asunto: Re: II Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo (01/11/14)
3.TROFEOS
Menores:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).
Absoluta:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo e premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Masculino Feminina
1º Trofeo + 150 € 1º Trofeo + 150 €
2º Trofeo + 100 € 2º Trofeo + 100 €
3º Trofeo + 50 € 3º Trofeo + 50 €
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ó primeiro e primeira corredor/a locais.
Todos os participantes na categoría absoluta recibirán un agasallo técnico.
4.INSCRICIÓNS:
Ata o mércores 29 de outubro de 2014 ás 24:00 horas na web
www.emesports.es
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
A inscrición é gratuíta para o carreira menores.
A inscrición para carreira absoluta é de 6 €.
Haberá un límite de 500 inscritos en categoría absoluta.
5.RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o mesmo día da proba a partires das 10:00 h. e ata o inicio da mesma na Praza Castelao.
Control con chip: agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída.