Mar, 07 Out 2014, 13:44
Asunto: Re: II Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo (01/11/14)
6.OUTRAS
CONSIDERACIÓNS E INFORMACIÓN
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o importe da inscrición.
Servizo de gardarroupa: no pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas: pavillón polideportivo e piscina Municipal.
Aparcadoiros: arredores do pavillón polideportivo, aparcadoiro municipal e nas inmediacións da zona portuaria.
Os resultados oficiais das probas poderán consultarse nas web:
www.concelloderianxo.es
www.emesports.es