Ven, 10 Out 2014, 8:25
Asunto: Re: CARRERA DE LA MUJER,TRIATLON DE LA MUJER? QUE ESTA PASAN
Grazas, Meigalix
Parece que na Coruña estamos de noraboa: servizo de
gardería no
Coruña10 e nas probas do circuíto
Coruña Corre. Un aplauso para esa organización!!!!
Por este foro comentouse que organizar garderías nas carreiras é bastante complicado e custoso porque require contratar persoal especializado, seguros, etc... Imaxino que en moitos casos,
en carreiras menos concorridas, á organización resultaralle
imposible ofrecer ese servizo.
Nestes casos, cando a organización non pode facerse cargo deses tolos baixiños, igual é posible autoxestionarnos, ou
autoapañarnos, ou como mellor vos soe. En plan informal, entre a comunidade runner. Ou sexa, falar entre a xente que vai asistir e ir comentando se contamos con algunha persoa que vaia estar vendo a carreira e que se ofreza a coidar varios nenos, se hai algún sitio preto do percorrido onde os cativos poidan xogar a cuberto en caso de choiva, e cousas así.
Se vos parece unha idea útil igual mesmo podía crearse un tema, ou fío -oucomosechame- específico no foro pra estes mesteres.
"Amamos o touciño tanto como a velocidade" (Colectivo Ronseltz)
cronicasdomaquis.blogspot.com.es/