Mér, 08 Out 2014, 11:32
Asunto: Re: V Pinga Pinga (11 OUTUBRO) MERCORES PECHE INSCRICIÓNS!!!!
Cinco de cinco....este ano tampouco penso faltar. Recoñecemento do terreo: as obras do campo sen presa pero sen pausa, a costiña máis dura, aínda non a nivelaron, a fonte pinga-pinga con estas choivas repeniquea con inusitada ledicia, a fermosa igrexa de Santomé segue no sitio, e a baixada q nos leva cara o cruce do cemiterio unha gozada....... Con gañas de q veña o sabado.
Unha carreira imprescindible no calendario, polo traballo, a ilusión coa q se organiza, polo trato ó corredor, e porque un non se pode autochamar "runner" se non é capaz de coroar e chiscar o ollo tres veces,unha por cada volta, a pícara fonte.