Dom, 21 Set 2014, 21:33
Asunto: II TRAIL MONTEFARO E ANDAINA (GRACIAS A TODOS )
O Club do Mar - Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 19 de outubro ó " II TRAIL MONTEFARO".
Esta actividade consta dunha carreira de montaña e realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento e os concellos de Ares e Mugardos. Este ano como novidade engádese o trail a realización dunha andaina de montaña de 12 km.
O trail e maila a andaina discorrerán por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.
O custe da inscrición será de 18€ por participante para o Trail e 10€ para a Andaina . A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas, duchas, 2 avituallamentos líquidos e un sólido, pinchada ó rematar a carreira e agasallo para os participantes.
A inscrición rematará o día 17 de outubro, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.
INSCRIPCIÓN TRAIL:
www2.clubdomarmugardos.../index.php
LITSTA DE INSCRITOS TRAIL:
www2.clubdomarmugardos...istado.php
INSCRIPCIÓN ANDAINA:
www2.clubdomarmugardos.../index.php
LISTA DE INSCRITOS ANDAINA:
www2.clubdomarmugardos...5&op=0
O trail partirá dende o Monasterio de Santa Catalina de Montefaro en Ares as 10.00 AM, realizándose a recollida de dorsais hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 22 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 1100 metros, o número de participantes está limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa o día 18 de outubro. A proba será arbitrada pola Federación Galega de Atletismo .
COMO CHEGAR A SANTA CATALINA :
goo.gl/maps/0J12L
Recorrido e perfil:
Última edición por Ramonrm o Mar, 21 Out 2014, 9:54; editado 1 vez