Ven, 17 Out 2014, 7:08
Asunto: Re: XIX Medio Maratón de Pontevedra 2014 - CCCP
codes escribió: |
Hola, alguien podría explicar que hay que hacer para que te devuelvan el total de la inscripción en caso de estar en el paro?. Gracias |
Boas
artigo 4.- do reglamento: cito cortando e pegando:
"No caso de que o/a deportista se inscriban como desempregado/a devolveráselle a cota de
participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip); a persoa beneficiaria terá
que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego”
(D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar
inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non presentación do documento
acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación. "
1º hai que inscribirse como desempregado, clickando a opción, porque si non... xa non está ben feito dende o principio, e por moito que presentes o DARDE o día de recoller o dorsal , no estarás nas listaxes que championchip envía filtradas por "parados", "CCCP incidencias", "xeral",...etc
2º Unha vez feito iso, ao recoller dorsal: presentas DNI e DARDE, Tarxeta de desempregado que estás solicitando emprego, e apuntano na listaxe.
3º Ao rematar a carreira, e posterior verificación de datos, se lle pasa a Champiochip unha listaxe coa xente que, estando apuntados como tal, recolleron dorsal e presentaron DARDE, e solicitan devolución. Días despois a empresa championchip reingresa os cartos que se pagaron por anticipado.
Si algo de eso non se fai: non se devolven os cartos. => aplicación de normativa.
Saudos