Ron23 escribió: |
Sen dúbida unha gran carreira, notase cando a xente organiza as cousas con cariño. Circuito chulo, voluntarios de 10, pinchada sen palabras.. Por poñer unha pega, non vería mal un kilometro máis que fora corrible para estirar algo maís o grupo antes da primeira baixada que era moi estreita e o chegar en grupo fixose moito tapón (gracias que é un deporte de xente educada e relixiosamente esperabase o turno) e na baixada tanto adiantar como deixarse adiantar era un risco. E hai que ter en conta que non estabamos os 250 que había de prazas máximas. En todo caso, unha gran carreira para repetir se as pernas o permiten. |