Lun, 20 Out 2014, 11:43
Asunto: Re: rodar por porriño y sus parajes
Ola foresgan, eu tamén son de Porriño, normalmente adestro co Clube Atletismo Porriño, sitio moi recomendable pola humildade e bo rollo que se respira e que podes probar sin compromiso durante duas semanas...se non che gusta sigues o teu e punto!!
Pero si che gusta entrenar por libre e polo visto che gusta facer subidas, eu humildemente che recomendaría que en vez de subir hacia San Cosme ou o Confurco, que vaias polo monte da Risca, onde atoparás moitos camiños e sendeiros de todolos tipos e nos que sobre todo estarás mais seguro!!
Si non controlas moito do monte da Risca, mandame un privado e quedo contigo un día ou varios e che ensino varios circuitos onde se alternan dureza, rapidez e diversión!! un saudo e agardo verte pola zona!!