pontevedra escribió: |
Pois eu confio que estivo ben medida, que non teñen razon para mentir, e desconfio máis dos GPS, sobretodo nas curvas de 180 grados. Na miña humilde opinión a razón de que se fixeron boas marcas para xustificar que estaba mal medido non creo que sexa acertada xa que 300 metros en 21097 non distosionaria demasiado unha marca. A boas marcas son porque é un circuito rápido e sobretodo fixo un día "caralludo" (esto útimo non se repite) |
Kurty escribió: |
Agora despois de leer todos os comentarios, sobre a medición. Xa o teño claro, as homologadas miden de máis. Xa que a todos nos da mts. de máis. Eu fixen unha media homologada o día 12 e doume 21390 mts. (non chegamos a 200 os corredores, polo que puiden facer boas trazadas) E fago este domingo a de Pontevedra e dame 21000 mts. (sendo unha morea de xente) e como a min a case que todo o mundo doulle eso o incluso menos. Pero como todo dios fixo unhas marcas boas, esta é a que ten a medida exacta. A min ata agora todas as carreiras homologadas dábanme sempre de máis. 10 Kms. 100/150 mts. Medias maratóns entre 200/400 mts. E maratóns 800/1000 mts. Non sei para que carallo as homologan se non están ben medidas, que maneira de tirar os cartos PD.: Nas homologadas tamén hai xiros, callexeos e perdas de señais. |
pontevedra escribió: |
o final estádesme a convencer de que faltaron metros...quería confiar en que estaba ben medida, pero xa sodes moitos opinando que non.. |