Lun, 27 Out 2014, 10:32
Asunto: Re: XXXVII Carreira Pedestre de Santiago (26/10/14)
Pois eu teño un pouco que decir para tirarlle das orellas ós da organización. Sobre todo pola pouca atención que lle poñen os últimos participantes.
O percorrido é xenial, vale. Estamos en Santiago e a cidade é preciosa pasemos por donde pasemos. Percorrido esixente, variado e con moitos espectadores para os 2/3 da carreira que van por diante.
Tiven a fortuna este ano de poder disfrutar da carreira coa miña moza que se acaba de iniciar nesto de correr e tal. Non ten bos ritmos porque acaba de comezar a correr.
Durante a carreira pois moi ben, o avituallamento estaba agardando por nós, que íamos entre os 100 da cola. Pero a CHEGADA, a min pareceume unha auténtica VERGOÑA. Resulta que a organización non ten unha medalla por inscrito na carreira. Este ano, casualmente, non había medallitas para todos.
Non corremos por medallas de finisher, faltaría mais (ese termo fixo moito dano ó mundo do deporte). Pero cando ó participante que chega no lugar 2.000 lle dan unha chapa de merda, que recoñece o teu esforzo e ó participante que chega no lugar 3.500 non lle dan ese recoñecemento, pois é para que se lles caia a cara de vergoña.
Non sabía eu que ó que chega no lugar 3.500 lle custase menos esforzo chegar a meta que ó participante 2.000.
A parte diso, non só é porque nós quedasemos sen ese recordo-recoñecemento do esforzo, porque a min dame exactamente igual unha carreira de 12 km cando os fago todolos dias. Pero para a miña moza, que o máximo que correu foron 7 km na súa vida, correr 12 supuxo un sacrificio igual que o sacrificio que pon calquer outro e tivo que saber sufrir igual que o primeiro.
Había un pai, que corría polo neno e quería levarlle a medalla de regalo (non sei o motivo, pero cada un ten o seu e non é discutible) e ainda lle tiñan mais que dicir.
Repito que a medalla da igual. Non é a cousa, senon o feito.