Xov, 30 Out 2014, 19:45
Asunto: Re: XXXVIII Carreira Popular San Martiño-Ourense (16/11/14)
Vou dar a miña opinión, pero non personalizo en ninguén e espero que a ninguén lle pareza mal o que eu digo.
Creo que estades no voso dereito de ir a correr calquera carreira popular a onde e cando vos pete... Eu tamén o fago. De feito, este sábado vou a ir a Rianxo, sendo de ben lonxe...
Non estou moi dacordo no sistema de non entregar os dorsales o mesmo día, pero é unha opción moi respetable. É tan respetable que máis de 10000 personas van a estar apuntadas este ano á carreira, polo que supoño que verán ese detalle como non demasiado importante como para non apuntarse.
Evidentemente, en Galicia hai carreiras entrañables e moi ben organizadas, claro que si (non hai máis que nomear Ferreirúa, Pinga, etc...), pero outra cousa son as carreiras referentes dentro da nosa comunidade. Carreiras nas que se fai algo máis que correr... Teñen algo, non sei o qué, pero algo si...
Non as vou a nomear, aínda que sen lugar a dúbidas son tres ou catro, porque todos sabedes e sabemos cales son. Por algo teñen tantísima aceptación. Dádesvos conta do que son 10000 participantes nunha popular?? Vou máis alá: dádesvos conta do que son máis de 5000 participantes na carreira absoluta??? É unha burrada.
Por iso penso que estas carreiras, e a San Martiño é unha delas, teñen gañado o seu prestixio de sobra durante casi corenta anos.
Un chisco de respecto merecerase, non si???
Saúdos, e a disfrutala!!!
Aiquirindo
10.000 METROS: 47.49 - OFICIAL
21.097 METROS: 1.50.15 - OFICIAL